Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

20/07/2023 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O selo de Galicia Calidade certifica os produtos da empresa apícola Melías

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregaron aos responsables da compañía de Oza-Cesuras a certificación e a nova sinalización que identifica ás empresas adheridas ao selo de garantía da Consellería de Economía, Industria e Innovación

19/07/2023 | 17:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a transformación dixital e a modernización do sector comercial e artesán galego con apoios por preto de 2 M€

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na Coruña o establecemento Nomad, un dos 400 beneficiarios das axudas que vén de resolver a Consellería de Economía, Industria e Innovación

19/07/2023 | 13:13 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta do Grupo Nogar para a mellora tecnolóxica da loxística portuaria

No proxecto que desenvolveu co apoio da Xunta participan as empresas Galigrain e Internacional de Comercio y Servicios, xunto con P&J Carrasco, Protea Produtos del Mar e o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim)

19/07/2023 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego grazas a un acordo con Asoporcel

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na presentación da colaboración coa Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, que permitirá aos produtores acceder ao uso do selo de garantía

18/07/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Os produtos da queixería Santo André de Castroverde contan xa co certificado de Galicia Calidade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron hoxe as instalacións da empresa, onde puxeron en valor o carácter artesanal no proceso de elaboración dos produtos

18/07/2023 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta pola innovación da empresa de San Cibrao das Viñas Formato Verde

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a compañía, que deseñou co apoio do programa DeseñaPeme un novo contedor de residuos de carga vertical para o mercado europeo

18/07/2023 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Clúster da Función Loxística de Galicia vías para impulsar a innovación e a internacionalización das súas empresas

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo un encontro de traballo coa asociación no que subliñou que accións como a ruta marítima co Porto de Miami na que se está a traballar e a participación en eventos como a Feira Transport Logistic de Múnic permiten reforzar o papel de Galicia como nodo loxístico internacional

17/07/2023 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas por 6,2 M€ para impulsar os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación

A Consellería de Economía, Industria e Innovación mantén aberto ata o 14 de agosto o prazo de solicitudes da liña coa que se achega financiamento por dous anos máis

16/07/2023 | 09:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño ata o 2 de outubro

Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), son un recoñecemento ao esforzo e traxectoria de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social de Galicia a través da innovación e o deseño