Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

30/09/2023 | 14:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que a formación é clave ante os avances tecnolóxicos que se están a producir no sector da automoción

Sinalou como retos do sector a innovación, a sustentabilidade e poder contar con capital humano cualificado e preparado para operar con equipamentos e en contornos cada vez máis tecnolóxicos

30/09/2023 | 12:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Chantada o vínculo entre a artesanía e a creación téxtil contemporánea

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, abriu esta mañá as xornadas Tecendo Futuros, organizadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación co obxectivo de abordar os oficios e o traballo de diferentes creadores vinculados ao ámbito téxtil desde perspectivas moi diversas

29/09/2023 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 5 M€ a plataforma Innopharma da Universidade de Santiago incrementando a súa capacidade para o descubrimento de fármacos

A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación da ampliación das infraestruturas e equipamento desta iniciativa liderada por Mabel Loza e Ángel Carracedo

29/09/2023 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria
29/09/2023 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por afrontar os retos e oportunidades da eólica mariña desde o diálogo e o consenso

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participou hoxe no workshop organizado por Asime en colaboración coa Xunta, Desafíos da eólica mariña. Potenciación da cadea de valor

28/09/2023 | 15:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela á cooperación público-privada para dar respostas aos novos retos económicos que afronta Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á clausura da asemblea xeral da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), onde incidiu na importancia de seguir traballando en diálogo directo coas empresas
 

28/09/2023 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a aposta de GKN por desenvolver a súa actividade industrial en Galicia

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participou no acto de celebración do 50 aniversario de GKN Driveline Vigo

28/09/2023 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove un encontro en Ferrol para dar resposta aos retos das empresas galegas no ámbito dos novos materiais

A iniciativa, que se celebrou hoxe no marco do Programa Ignicia, busca propiciar conexións entre empresas e centros de coñecemento do Sistema Galego de I+D+i

27/09/2023 | 18:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta valora con Emobi os seus proxectos de implantación en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co presidente e co CEO do grupo

27/09/2023 | 12:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia a posta en marcha da cuarta edición do Bono Comercio cun orzamento de 2,5 M€ para gastar en establecementos comerciais de proximidade

Salienta a reedición deste bono dentro das medidas da Xunta para contribuír a reducir o impacto da inflación na economía das familias