Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

04/10/2023 | 11:57 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria

A Xunta propón a Manuel Pérez Álvarez como presidente do Consello Económico e Social de Galicia

Despois de trasladarlle esta proposta a todas as organizacións sindicais e empresarios e ao resto de asociacións e entidades representadas no pleno do organismo consultivo, o nomeamento corresponde ao presidente da Xunta, tras a comparecencia do candidato no Parlamento

03/10/2023 | 15:20 | C. de Economía e Industria

O proxecto europeo Navegando o Futuro divulga as novas tecnoloxías aplicadas ao naval entre 140 alumnas e alumnos

A iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, conclúe despois de tres meses de actividade con oito sesións demostrativas dirixidas a estudantes e dúas xornadas de formación para pemes

03/10/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

Galicia contará cunha oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización do sector mineiro

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á presentación deste novo instrumento impulsado pola Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia co que se pretende lograr fondos europeos, prestar apoio na súa xestión e identificar proxectos tractores para a Comunidade

03/10/2023 | 11:36 | C. de Economía e Industria

A Axencia Galega de innovación recibe o recoñecemento do Foro de Empresas Innovadoras na categoría institucional

A directora de Gain, Patricia Argerey, agradece este premio que vén do propio tecido empresarial, o motor das políticas de innovación da Xunta de Galicia

02/10/2023 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta sitúa a Galicia á vangarda da investigación e a innovación co novo computador cuántico do Cesga

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na inauguración no Centro de Supercomputación de Galicia do computador cuántico con maior potencia instalado nunha instalación pública de I+D+i no sur de Europa

02/10/2023 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova convocatoria do programa Galicia Inviste, que aspira a impulsar a competitividade de preto dun centenar de pemes e prevé mobilizar máis de 30 M€

Suma preto de 15 M€ e inclúe axudas ao investimento e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos

02/10/2023 | 10:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria
01/10/2023 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova edición dos Centros de Fabricación Avanzada para impulsar a modernización das pemes galegas

Financia a posta en marcha de proxectos de infraestruturas de uso aberto e compartido, con apoios que chegan ata o 80 % do investimento subvencionable

01/10/2023 | 10:34 | C. de Economía e Industria

Galicia exhibe o potencial das súas capacidades e a competitividade do seu sector aeroespacial na Airspace Integration Week

Galicia compartiu neste evento de referencia internacional os avances en I+D aplicada aos vehículos non tripulados desenvolvidos no Polo Aeroespacial

30/09/2023 | 16:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia prestará apoio a oito pemes tecnolóxicas que mobilizarán máis de 3 M€ en innovación

A Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación, acaba de resolver a terceira edición da convocatoria do programa Neotec