Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

11/10/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2 M€ a unha nova liña de axudas para pemes e autónomos dirixida a neutralizar a suba de tipos de xuro

Rueda resalta que o obxectivo é facilitar o acceso á financiación do tecido empresarial e “garantir a viabilidade económica” dos proxectos en marcha

10/10/2023 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ferrol as oportunidades que ofrece a transformación dixital para impulsar iniciativas empresariais no rural

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira das xornadas sobre esta temática que percorrerán seis concellos das catro provincias para poñer en valor as posibilidades que ofrecen as contornas rurais de cara a consolidar e impulsar novas ideas de negocio

10/10/2023 | 14:10 | C. de Economía e Industria

Galicia representará a España como país convidado na Porto Design Biennale, que se inaugura a vindeira semana

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Santiago na presentación da programación preparada pola Xunta, en colaboración coa Fundación DIDAC, para a ocasión

10/10/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta polo talento e a innovación como chaves para seguir construíndo a Galicia do futuro

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración do encontro El mundo que viene, organizado por APD, no que salienta a importancia da cooperación público-privada para impulsar un “modelo máis sustentable”

09/10/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización do sector artesán con axudas por máis de 215.000 euros

A Consellería de Economía, Industria e Innovación apoia un total de 74 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para participar en feiras de venda directa e feiras de Nadal

08/10/2023 | 15:39 | C. de Economía e Industria

Os clientes poderán empregar desde este luns o Bono Activa da Xunta nos comercios de proximidade

As persoas consumidoras terán á súa disposición un desconto de 30 euros para as compras nos establecementos adheridos, que suman xa máis de 4.000

07/10/2023 | 15:43 | C. de Economía e Industria

Xunta e Concello de Bande asinan un convenio de colaboración para iniciar a redacción do proxecto de construción do futuro centro termal

Lembra que se trata dun proxecto no cal ambas as dúas administracións levan tempo traballando e que xa conta cunha proposta arquitectónica, que establece dúas zonas termais (interior e exterior), un espazo dedicado á prestación de servizos de hostalería, e unha zona de estacionamento para vehículos

06/10/2023 | 16:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o seu compromiso por consolidar a Galicia á vangarda na investigación oncolóxica

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na presentación do informe ‘Radiografía sobre o estado da investigación en cancro en Galicia’, organizada pola Asociación Española contra o Cancro

06/10/2023 | 16:06 | C. de Economía e Industria

A iniciativa da Xunta “Mercar no teu comercio ten premio” dinamiza os negocios coruñeses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu hoxe ao sorteo de premios da campaña impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio da Coruña e a Asociación Comercial Zona Obelisco