Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

09/11/2023 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co tecido empresarial as novas oportunidades e vías de negocio que ofrece o mercado da República Dominicana

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantén un encontro co embaixador da República Dominicana antes de inaugurar, na sede da Confederación de Empresarios da Coruña, a xornada ‘República Dominicana: Un mercado de oportunidade’, onde pon en valor o crecemento das exportacións nun país no que venden máis 250 empresas galegas

09/11/2023 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por que a xeotermia adopte un papel relevante no mix enerxético

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, abriu esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre xeotermia, organizada por Acluxega

08/11/2023 | 13:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa estadías formativas en Oxford para que persoal investigador e xestor de transferencia acelere proxectos de I+D+i con selo galego

Esta iniciativa enmárcase no Programa Ignicia, desenvolvido pola Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié

08/11/2023 | 12:59 | C. de Economía e Industria
07/11/2023 | 15:11 | C. de Economía e Industria
07/11/2023 | 12:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a aposta de Galicia pola innovación tecnolóxica que a converte en pioneira e referente na aplicación dixital en diversos eidos

Pon como exemplo a implantación na Comunidade galega da historia clínica electrónica, o Proxecto Xenoma ou o feito de que conte co ordenador cuántico máis potente do sur de Europa
 

06/11/2023 | 16:15 | C. do Medio Rural; C. do Mar; C. de Economía e Industria

A Xunta promociona no Gastronomic Forum Barcelona a singularidade e diferenciación dos produtos alimentarios galegos baixo a marca Galicia Calidade

26 empresas e produtores representantes da industria alimentaria galega e amparados polos selos de calidade de DO ou IXP, participan través do stand de Galicia Calidade, froito do esforzo conxunto do goberno autonómico

06/11/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

O orzamento do Igape chega no 2024 aos 213 M€ na procura de atraer investimentos e consolidar a aposta pola internacionalización e o financiamento

A directora do Instituto Galego de Promoción Económica presenta no Parlamento as contas do seu departamento para o vindeiro exercicio, que aspiran a “seguir construíndo, xuntos, esa Galicia máis sustentable, máis verde, máis preparada, con máis e mellor talento e máis competitiva”

06/11/2023 | 14:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2,4 M€ a fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais

A Consellería de Economía, Industria e Innovación concede 68 apoios dentro das cinco liñas de axudas destinadas a avanzar na mellora ambiental e laboral, así como para promover a eficiencia enerxética e a certificación das empresas desta industria

04/11/2023 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor reivindica o papel protagonista da Coruña no desenvolvemento da intelixencia artificial coa posta en marcha da cidade das TIC

O delegado da Xunta participou na apertura do congreso académico AI & Creation Day dentro da programación do festival AI Song Contest 2023