Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

13/11/2023 | 21:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta preside unha nova reunión da mesa polo impulso da actividade económica de As Pontes

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, o alcalde das Pontes, e as tres organizacións sindicais volveron reclamar a Endesa o compromiso firme para o mantemento do emprego dos traballadores das auxiliares durante os traballos de pre-desmantelamento da central

13/11/2023 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda erixe a sociedade Recursos de Galicia como garante de que a xestión da riqueza natural da comunidade se traduza en riqueza social

Pon en valor que este “ambicioso proxecto sen precedentes” aglutine a máis de 30 empresas que sosteñen máis de 20.000 empregos directos e achegan ao PIB autonómico case 11.000 M€

13/11/2023 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta contribúe con 44.000 euros á dinamización do comercio da cidade a través da asociación de comerciantes de Ferrol Centro

A delegada territorial recibiu esta mañá aos novos presidente e xerente da entidade, unha das beneficiarias das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia

12/11/2023 | 10:02 | C. de Economía e Industria

As xornadas Artesanía no Prato impulsarán na Coruña as sinerxías entre o sector artesán e a gastronomía

A Xunta de Galicia organiza a cuarta edición deste encontro, que se celebrará en ExpoCoruña os días 19 e 20 de novembro e que está dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, do comercio, da decoración de interiores e do contract

10/11/2023 | 21:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o potencial económico de ferrolterra na 8ª edición dos premios de AJE ao novo empresariado e a iniciativas emprendedoras da zona

 A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na entrega, onde puxo de relevo a colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia para impulsar o emprendemento e a xeración de emprego

10/11/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por simplificar trámites, asesorar e apoiar con financiamento ás empresas para consolidar Galicia á vangarda económica de España

Pon en valor medidas como a nova Oficina Económica de Galicia, que será unha canle única de interlocución coas empresas para prestarlles asesoramento técnico e personalizado

10/11/2023 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha novos apoios para impulsar a participación das pemes galegas en programas de financiamento europeos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na presentación destes novos servizos, que inclúen desde apoio e acompañamento para acceder ás convocatorias europeas ata novas liñas de axudas

10/11/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta súmase ao proxecto Aowinde para acelerar o desenvolvemento da eólica mariña na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, clausurou esta mañá en Vigo o acto de presentación do proxecto Poctep Atlantic Offshore Wind Energy (Aowinde)

09/11/2023 | 20:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a asociación Ellas Vuelan Alto suman forzas para visibilizar o talento feminino no sector aeroespacial galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta tarde no evento de lanzamento da nova delegación de Ellas Vuelan Alto en Galicia, onde destacou o crecemento do sector na Comunidade e sinalou que dar visibilidade ás profesionais deste eido é unha obriga e un compromiso para o Goberno galego

09/11/2023 | 15:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por unha transición gradual da industria da automoción europea

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participa en Navarra na conferencia anual da Alianza das Rexións con Industrias da Automoción (ARA)