Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

26/11/2023 | 17:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde o potencial dos materiais innovadores para dar resposta aos retos de futuro da sanidade

A Materioteca de Galicia organiza un workshop en Ferrol o vindeiro 30 de novembro no que se presentarán tecnoloxías de bioimpresión 3D e nanomateriais aplicados ao diagnóstico precoz

25/11/2023 | 10:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta financia a actividade científica de 108 grupos e proxectos de investigación, aos que destina 17,3 M€

As consellerías de Educación e de Economía apoian os equipos máis competitivos do sistema de I+D+i galego: 48 na USC, 21 na UVigo, 16 na UDC e 23 noutros organismos

24/11/2023 | 23:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Pontevedra o vínculo entre artesanía e moda

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe durante o desfile DEBUT 23 o premio á “Mellor colección con valor artesanal”, apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia por terceiro ano consecutivo

24/11/2023 | 15:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a realización dunha tese doutoral no eido das terapias avanzadas CAR-T

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, coñeceu esta investigación realizada no marco do programa de Doutoramentos Industriais que está a piques de resolver a súa terceira edición

24/11/2023 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avalía co alcalde de Vilanova de Arousa diferentes proxectos para impulsar o tecido industrial e comercial do municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co rexedor, Gonzalo Durán, no que se informou dos diferentes apoios da Administración autonómica para a competitividade dos polígonos empresariais

24/11/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve en Genesal Energy un exemplo de empresa implicada na transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora do Igape, Covadonga Toca visitaron as instalacións da compañía en Bergondo (A Coruña)

23/11/2023 | 17:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do sector da lousa como motor económico e dinamizador das comarcas onde se desenvolve

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá en Ourense á presentación da exposición fotográfica ‘Pizarra’

23/11/2023 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 4 M€ na chegada ao mercado de nove proxectos de investigación no marco do programa Ignicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) para coñecer unha das iniciativas apoiada, centrada no desenvolvemento clínico dun tratamento para a artrose

23/11/2023 | 14:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola dixitalización para mellorar a xestión do consumo enerxético dos centros adheridos a Redexga

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na Coruña na apertura do congreso sobre enerxía e dixitalización Enerdixital 2023