Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.160 novas da C. de Economía e Industria:

01/12/2023 | 11:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a colaboración empresarial para desenvolver proxectos que aposten pola dixitalización, a sustentabilidade e a loxística avanzada

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou en Vigo nunha xornada organizada por Ceaga de cara a avanzar na elaboración do Plan de competitividade do ecosistema de automoción e mobilidade de Galicia 2030

30/11/2023 | 21:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña a aposta da Xunta por que a circularidade forme parte da cultura empresarial en Galicia

Apunta que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), puxo en marcha unha convocatoria de axudas directas para incentivar modelos de negocio circulares entre as empresas galegas
 

30/11/2023 | 16:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o importante papel das comunidades enerxéticas para que Galicia acade os seus obxectivos en canto a uso e aproveitamento de renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela nas xornadas ‘Comunidades enerxéticas na xestión pública’

30/11/2023 | 14:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O persoal investigador da administración galega contará a principios de 2024 cun novo marco lexislativo que mellorará as súas condicións laborais

Rueda destaca que Galicia se converterá na primeira Comunidade de España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación que depende da Xunta dándolle “certeza” e “estabilidade”

30/11/2023 | 14:15 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade salienta a excelencia das plantas e flores da empresa de Boqueixón Viveiros Compostela

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou a nova sinalización que acredita co selo de garantía a esta compañía, aliñada co compromiso respectuoso do entorno e o coidado das materias primas

29/11/2023 | 21:15 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que o congreso Maritime Trends serve como ponte entre ideas e accións para impulsar o sector

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta tarde en Vigo nun networking no marco desta iniciativa que se desenvolve hoxe e mañá

29/11/2023 | 16:19 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial de Galicia exhibe en Sedexpo as capacidades dos vehículos non tripulados no eido das emerxencias

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias que se celebra en Silleda e que conta co apoio da Xunta de Galicia

29/11/2023 | 14:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola colaboración público-privada para impulsar o crecemento do tecido empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou en Culleredo as instalacións do Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM), onde puxo en valor a importancia desta infraestrutura pola súa “transversalidade” e pola “aposta decidida” pola sustentabilidade das empresas

29/11/2023 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza en Narón a nova convocatoria do Bono Enerxía Peme que abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro 10 de xaneiro

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o establecemento Australian, beneficiario do programa