Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.160 novas da C. de Economía e Industria:

14/12/2023 | 16:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta por un futuro industrial, sustentable e innovador que xere beneficios directos para a comunidade

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, entregou o premio APD ao directivo do ano, que na súa segunda edición recoñece a Pablo Fernández Castro, presidente de Norvento Enerxía

14/12/2023 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O delegado territorial de Pontevedra visitou Bueu, onde a Xunta axudou con 32.000 euros a unha asociación de comerciantes

A Asociación Comerciantes e Industriais de Bueu utiliza a axuda para mellorar a promoción do comercio local nas épocas de maior actividade comercial

14/12/2023 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza a primeira plataforma para poñer toda a capacidade científica e tecnolóxica galega ao servizo das pemes

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou na presentación de InnovaRede, que persegue impulsar a colaboración entre os distintos axentes de demanda e oferta tecnolóxica dunha forma áxil, directa e aberta

13/12/2023 | 17:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por implantar en Galicia unha industria xeradora de biocombustibles

Salienta que a Administración autonómica está poñendo sobre a mesa todas as facilidades posibles a nivel de tramitación e apoios para ver materializados os proxectos previstos

13/12/2023 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Cámara Oficial Mineira de Galicia difunden o potencial mineiro a través do catálogo de recursos naturais da comunidade

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Ferrol na súa presentación

13/12/2023 | 14:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda garante apoio e facilidades da Xunta no desenvolvemento de proxectos innovadores en Galicia para consolidala como referente en I+D+i

Defende o papel da colaboración pública-privada, na que Administración “non debe estorbar”, senón crear un “clima favorable” para que empresas tecnolóxicas se instalen e medren en Galicia “e se proxecten cara ao resto do mundo”
 

12/12/2023 | 19:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta velará pola selección dun proxecto industrial que garanta a viabilidade de Fandicosta

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, a directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, mantiveron unha reunión de traballo co comité de empresa e representantes da compañía

12/12/2023 | 19:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con preto de 260.000 € do Fondo Tecnolóxico a Modernización de 12 negocios nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta orde durante unha visita á farmacia Eiroa Castro, unha das firmas beneficiarias

12/12/2023 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Ana Ortiz anima á cidadanía viguesa a consumir no comercio local a través de iniciativas como a nova App de Aetravi

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este martes na presentación da aplicación da Asociación de Comerciantes das Travesas