Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

29/12/2023 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda cos traballadores de Ferroglobe as medidas de apoio á industria electrointensiva

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co comité de empresa da factoría de Arteixo, no que se informou do estado de tramitación dos parques eólicos que poden abaratar os custos enerxéticos da compañía

28/12/2023 | 18:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

A Xunta traslada aos traballadores de Alcoa o seu compromiso coa actividade industrial e o emprego

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuníronse con representantes do Comité de empresa da factoría lucense

28/12/2023 | 11:41 | C. de Economía e Industria; C. de Política Social e Igualdade
27/12/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo do laboratorio de consumo de Galicia a prol da seguridade dos produtos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou na Coruña este centro cuxo labor sitúa a Galicia como líder no control de produtos de consumo

26/12/2023 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o fomento das vocacións científicas entre o estudantado que impulsa o CIS Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participan esta semana preto de 40 alumnos e alumnas de ESO

25/12/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7,5 M€ a unha nova convocatoria de axudas que impulsará proxectos de gases renovables

Trátase da primeira vez que Galicia conta con apoios específicos para iniciativas consistentes na produción de hidróxeno de orixe renovable e de biogás e biometano

23/12/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais para desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

As consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades invisten preto de 1,9 millóns de euros nesta terceira edición do programa Doutoramentos Industriais

22/12/2023 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na sentenza do Supremo un aval á tramitación ambiental e ás autorizacións outorgadas pola administración galega aos proxectos eólicos

O Tribunal Supremo vén de revocar a anulación do parque eólico Corme G-3 estimando o recurso da Xunta de Galicia e EDP Renovables
 

22/12/2023 | 13:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o servizo público que vai prestar a nova central de biomasa do barrio da Residencia de Lugo

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe estas instalacións, que considerou unha mostra do compromiso da Xunta coa sustentabilidade ambiental e económica do sector público en Galicia