Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

09/01/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa os apoios para que as pemes galegas contraten xestores de internacionalización e impulsen as súas vendas ao exterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dotada con 1,3 millóns de euros cuxo obxectivo é facilitar a incorporación ao mercado laboral de profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional de cara a apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados

06/01/2024 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O concurso de escaparatismo de Nadal iluminou máis de medio centenar de establecementos en Vigo

A gala da campaña “Ilumina o teu escaparate” celebrarase o vindeiro 21 de xaneiro no Auditorio da Delegación Territorial da Xunta en Vigo

06/01/2024 | 10:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 9 M€ á internacionalización de pemes e autónomos galegos contribuíndo á diversificación de novos mercados

O Goberno galego abre unha nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas, Organismos Intermedios e Dixital na procura de incentivar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e o posicionamento do tecido produtivo galego nos mercados internacionais

05/01/2024 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Clúster da Saúde asinan un convenio de colaboración para impulsar o sector biotecnolóxico sanitario en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e a presidenta do Clúster da Saúde de Galicia, Rocío Mosquera, asinaron o texto

04/01/2024 | 10:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon ao grupo Ramón García como exemplo da capacidade de internacionalización e liderado do sector contract galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións da compañía en Ordes, onde pon en valor a experiencia e habilidades dunha industria que “ofrece os seus servizos a todo o mundo, convertendo Galicia nun referente internacional”

03/01/2024 | 13:13 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a transformación dixital de empresas como a luguesa Álvarez Real, beneficiaria do programa InnovaPeme

A empresa luguesa implantará un plan de innovación co apoio da Xunta de Galicia

03/01/2024 | 12:45 | C. de Economía e Industria

Aberta a convocatoria da Xunta para impulsar proxectos centrados na dixitalización, a sustentabilidade e a loxística avanzada

Os obradoiros do Igape contan con 650.000 euros para promover espazos de colaboración co obxectivo de capacitar ás empresas na preparación de iniciativas que respondan aos principais retos da economía

02/01/2024 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Fundación Catedral de Santiago colaboran na mellora da eficiencia enerxética de varios espazos do museo

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, supervisou o proxecto acompañado por persoal do Inega

01/01/2024 | 14:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes da primeira liña específica de apoio ás startups galegas

A Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 1,5 M€ a este programa que cobre a totalidade dos gastos de lanzamento e consolidación de proxectos de emprendedores innovadores, ata un máximo de 20.000 euros

29/12/2023 | 16:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega en Ferrol a ciencia e a tecnoloxía ao público familiar a través do cine

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá á segunda sesión de cine e show científico no CIS Tecnoloxía e Deseño