Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

16/01/2024 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia na feira internacional Formex de Estocolmo

A Fundación Artesanía de Galicia participa ata o xoves nesta feira profesional cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea que reúne o traballo de 27 obradoiros artesanais

16/01/2024 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á peme cambadesa Real Conservera Española como exemplo de aposta por incorporar a innovación ao seu día a día

A empresa conserveira está implementando un plan a través do programa InnovaPeme co obxectivo de sistematizar a Innovación, obter o selo de Peme innovadora, incrementar a súa competitividade nos mercados exteriores e optimizar os procesos produtivos

15/01/2024 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 30 M€ a préstamos directos para facilitar o investimento das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria, que busca mellorar as condicións de acceso ao crédito do tecido produtivo con condicións vantaxosas
 

15/01/2024 | 13:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avoga por dar pulo á transferencia de coñecemento ante o reto da descarbonización e a dixitalización

Salienta que é clave aliñar as necesidades das empresas coas capacidades dos centros tecnolóxicos e o ecosistema de I+D+i

13/01/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o peso do sector do viño na marca Galicia Calidade, o 20 % dos produtos acreditados con este selo

Apunta que 22 adegas e máis de 170 viños das cinco denominacións de orixe galegas levan a marca Galicia Calidade

12/01/2024 | 18:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao comité de empresa de Fandicosta das xestións que se están a realizar para garantir a viabilidade da compañía

Na reunión tamén participaron a directora xeral de XesGalicia, Raquel Rodríguez Espiño, a directora xeral do Igape, Covadonga Toca, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana

12/01/2024 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o vindeiro mércores a nova convocatoria do programa Renova o teu vehículo

Cun orzamento de 3 M€ para o ano 2024 as axudas diríxense tanto a particulares como a autónomos e empresas
 

10/01/2024 | 13:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as achegas da tecnoloxía á economía circular e ao aproveitamento dos recursos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe a unha demostración de extracción de resina por parte da empresa Laxes Ambiental

10/01/2024 | 12:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre o prazo de solicitude do programa Bono Enerxía Peme

As axudas, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos, contan cun orzamento de 3 M€ para actuacións de asesoramento enerxético profesional, mellora da envolvente, iluminación, instalacións eléctricas, equipamento, climatización e instalacións inmóticas para mellorar a xestión enerxética
 

09/01/2024 | 21:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da coxeración no proceso de transformación enerxética e industrial

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Ames a planta de Neoelectra, asociada ás instalacións de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), xunto con representantes da Asociación Española de Coxeración (Acogen)