Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

21/01/2024 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a transformación industrial das pemes galegas a través de proxectos de dixitalización

A Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de resolver a última convocatoria do programa de axudas á dixitalización Industria 4.0, que suma máis de 2 millóns de euros para impulsar 125 proxectos vencellados aos procesos de transformación dixital de autónomos e pemes galegas

20/01/2024 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel da praza de abastos de Marín como motor do comercio de proximidade

A conselleira de Economía, Industria e Innovación subliña a importancia de colaborar tanto cos concellos como coas asociacións de comerciantes no impulso destes espazos, que se configuran como o mellor escaparate do produto local

20/01/2024 | 10:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre unha nova edición do programa ReAcciona para que as pemes melloren a súa competitividade co apoio de expertos

A liña conta cun orzamento de 2,8 M€ para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido en ámbitos como a profesionalización, o desenvolvemento estratéxico e a innovación

19/01/2024 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por poñer á empresa no centro da política económica

Lorenzana destaca as oportunidades en Ferrol para o desenvolvemento de proxectos industriais no eido da descarbonización ou a economía circular e aposta por un traballo coordinado

19/01/2024 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa seis cursos de formación para potenciar a remuda xeracional nos oficios artesanais

A Fundación Artesanía de Galicia inicia o seu programa formativo de 2024 con seis cursos especializados na ourivería, na tapicería, no tecido, na marroquinería, na costura e na tornería de madeira que se desenvolverán ata abril

18/01/2024 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca oportunidades de negocio para os proxectos de investigación galegos na feira internacional Science for Industry de Madrid

A Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun stand institucional no que participan hoxe e mañá máis dunha decena de entidades de I+D+i galegas

17/01/2024 | 14:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a nova planta piloto de grafito para baterías de coches eléctricos de Resonac como exemplo do atractivo industrial de Galicia

Asegura que vai consolidar á comunidade “no camiño cara as enerxías verdes e as industrias do futuro”

17/01/2024 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilita o acceso ao financiamento de pemes e autónomos cunha nova edición do programa que porá en circulación 80 M€

A directora do Igape, Covadonga Toca, asinou hoxe un convenio con representantes de Afigal, Sogarpo e Iberaval para poñer en marcha un ano máis unha liña que permitirá tanto bonificar os tipos de xuro dos préstamos de xeito moi favorable como a obtención de avais para as operacións

17/01/2024 | 10:18 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo de solicitude da nova convocatoria do programa Renova o teu vehículo

De concorrencia non competitiva, os apoios poden pedirse ata o 30 de setembro ou esgotamento dos fondos