Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

24/01/2024 | 21:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a Alcoa transparencia e concreción e pon como prioridade a defensa do emprego

Exixe á multinacional que cumpra cos seus compromisos porque son un milleiro de postos de traballo os que están vinculados á planta da Mariña, ademais dos empregos indirectos

24/01/2024 | 19:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o compromiso do Goberno galego co diálogo social

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na celebración da cuarta edición do Premio Rogelia Mariño, promovido por UGT Galicia, que lle foi entregado ao xornalista Marcial Mouzo

24/01/2024 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coas asociacións de comerciantes as liñas de actuación para seguir colaborando na potenciación do sector

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xornada informativa con responsables de centros comerciais abertos

24/01/2024 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza un webinario para informar da convocatoria destinada a proxectos de gases renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participará neste encontro informativo que se celebra mañá

23/01/2024 | 17:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta coñece o proxecto de Gri Renewable Industries para as antigas intalacións de Ganomagoga en Ponteareas

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo con directivos da empresa

23/01/2024 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta da empresa viguesa Selmark por redeseñar e incorporar novos procesos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitaron a empresa de lencería, que está desenvolvendo un plan de innovación co apoio do programa InnovaPeme

23/01/2024 | 14:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide claridade á Alcoa sobre os seus plans e demanda unidade de administracións e traballadores para reclamarlle que cumpra cos seus compromisos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reunirase mañá co comité de empresa para coñecer de primeira man os detalles do encontro previo coa compañía

22/01/2024 | 17:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta que a Xunta busca apoiar as empresas fronte ao aumento dos custos enerxéticos e de implantación

Asegura que a prioridade do Goberno galego está sendo a de desburocratizar, facilitar o acceso a solo industrial e ao financiamento, e impulsar as renovables

22/01/2024 | 15:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca axudas para que pemes e microempresas melloren a súa capacidade innovadora coa contratación de servizos profesionais externos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria de Bonos de innovación, que conta nesta edición cun orzamento de 750.000 euros