Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.192 novas da C. de Economía e Industria:

07/06/2024 | 17:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana convoca a Endesa para facer o seguimento do inicio da fase de desmantelamento da central das Pontes e da continuidade dos empregos vinculados

A conselleira de Economía e Industria reunirase o vindeiro martes cos axentes económicos e sociais no seo da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes para solicitar á compañía a continuidade dos actuais traballadores nas tarefas que están a piques de comezar 

07/06/2024 | 15:06 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta de Galicia compromete o seu apoio ao tecido industrial ligado á madeira con axudas que este ano xa acadan os 10M€

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou hoxe na xornada de clausura da asemblea anual da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga)

07/06/2024 | 15:04 | C. de Economía e Industria

Un total de 48 concellos galegos vanse beneficiar das axudas da Xunta para a mellora de infraestruturas e servizos en parques empresariais

Esta liña de apoios enmárcase na política económica da Xunta que busca unha constante mellora da oferta de solo empresarial para favorecer a actividade das empresas, a captación de novos investimentos e a creación de emprego

07/06/2024 | 13:48 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pón en valor o sector da loxística como chave para o desenvolvemento industrial e enerxético de Galicia

Sinala que Galicia ten un tecido empresarial consolidado e un sistema ben estruturado para atraer empresas á Comunidade

06/06/2024 | 17:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola colaboración constante coa CEG para consolidar en Galicia os datos de crecemento económico, emprego e produción industrial

Destaca os datos coñecidos hoxe do Índice de Produción Industrial (IPI) rexistrado en abril, que creceu en Galicia un 17%, catro puntos máis que a media nacional

06/06/2024 | 15:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa para que Galicia sexa un polo de atracción industrial no ámbito da economía verde e dixital

Lorenzana explicou que a Administración autonómica ofrece medidas de apoio ao tecido produtivo e puxo en valor o asesoramento que está a prestar a Oficina Económica de Galicia que no seu primeiro mes de funcionamento recibiu máis de 900 consultas de empresas

05/06/2024 | 14:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza o apoio ao sector aeroespacial para gañar en competitividade e impulsar a política industrial

Ardao destacou que UNVEX contribúe a visibilizar as capacidades, o talento e as tecnoloxías desenvolvidas polas empresas e centros de coñecemento galegos