Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo repasa co director xerente de Expocoruña os retos máis inmediatos neste recinto feiral
A delegada da Xunta mantivo un encontro de traballo no que repasaron os eventos previstos para os próximos meses e os avances nas obras de adaptación para o traslado do persoal da xerencia e das oficinas administrativas do CHUAC
Rueda destaca o apoio da Xunta a automoción con 18 M€ para axudar ás empresas auxiliares no proceso de transformación do sector
Asegura que Galicia seguirá sendo un referente na automoción grazas a “excelencia, preparación e asentamento no territorio” do sector
A Xunta destaca o labor das antenas do Igape para achegar ao tecido empresarial galego un amplo mercado con novas oportunidades de negocio
A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugurou a xornada “Marrocos: Economía e oportunidades de negocio en África para as empresas galegas”, onde puxo en valor o traballo conxunto co tecido produtivo na mellora do seu posicionamento nun país que ocupa o sétimo lugar no conxunto das exportacións galegas
A Xunta destina 2,5 M€ á posta en marcha de dous centros dixitais que mellorarán a competividade das pemes galegas
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades
A Xunta aspira a converter Galicia nunha capital verde europea cun modelo industrial sustentable e respectuoso co medio ambiente
Eloxia a aposta que están a facer as empresas pola sustentabilidade, as enerxías renovables e a dixitalización
Lorenzana reúnese co alcalde de Ribadavia para abordar as necesidades de solo industrial do Concello
Este encontro enmárcase na rolda de contactos que a conselleira está a manter cos rexedores galegos toda vez que a Consellería vén de asumir as competencias en materia de solo industrial
Xunta e Concello de Teo analizan as necesidades de solo empresarial do municipio coruñés
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, no marco da rolda de contactos cos rexedores galegos que está a manter logo de asumir as competencias nesta materia
Lorenzana solicita ao Goberno central que non se repartan fondos dos Perte que permitan a deslocalización das compras en economías emerxentes
Reclama ao Estado que transfira os fondos dos Pertes industriais ás comunidades autónomas ou que deseñe convocatorias de axudas para as auxiliares da automoción que garantan o emprego local
A Xunta apunta á importancia do talento e da formación como recursos máis valiosos para garantir a competitividade do tecido empresarial
A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura o primeiro curso da Escola Galega de Conselleiros, do que destaca a súa aposta por ofrecer unha formación “continua e específica” para os dirixentes das empresas familiares galegas, que supoñen o 92% do tecido empresarial da Comunidade
Lorenzana pon en valor as políticas da Xunta para promover e consolidar as iniciativas empresariais emerxentes e innovadoras
Explica que o Goberno galego ten aberta unha liña de axudas por importe de 1,5M€ dirixida ás startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia