Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

12/07/2024 | 21:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao “para captar momentos da sociedade con humor”

O director xeral de Cultura asiste en Ribeira á inauguración da exposición ‘Os homes, por Castelao’ no Museo do Gravado de Artes á Estampa Dixital, que mostra as pranchas orixinais coas que se plasmaron as estampas satíricas do intelectual no xornal Galicia

12/07/2024 | 19:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora na mellora do Museo Fernando Blanco de Lema en Cee

A actuación enmárcase nos obxectivos do plan para modernizar as infraestruturas culturais no que traballa o Goberno galego

12/07/2024 | 13:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Gaiás inaugura unha exposición internacional que cuestiona clixés sobre cultura viquinga e achega pezas arqueolóxicas nunca antes exhibidas en España

O titular de Cultura do Goberno galego destacou a colaboración con museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia para facer realidade “unha das maiores exposicións feitas na península ibérica sobre a cultura viquinga”

11/07/2024 | 20:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego

O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro

11/07/2024 | 15:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece 1.965 prazas nos campamentos da provincia de Pontevedra

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita o complexo Cemar en Mondariz-Balneario con 60 rapaces por quenda

11/07/2024 | 12:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta coproducirá tres novos espectáculos de danza a través do Centro Coreográfico Galego

Son dúas pezas de compañías consolidadas: ‘Mover cenizas’, de Sólodos, e ‘Cicatriz’, de Kirenia Martínez; e outra proposta na modalidade de profesionais emerxentes: ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez

10/07/2024 | 19:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo

10/07/2024 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A campaña ‘O teu mellor verán’ da Xunta ofrece 1.110 prazas nos campamentos da provincia de Ourense

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita o albergue Equal en Coles con 40 rapaces por quenda

10/07/2024 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59 desde A Ramallosa a Pontevea coas voaduras no concello de Teo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asistiron hoxe a escavación do Desmonte 6 á altura de Olveira, en Teo