Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

25/04/2024 | 13:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Play-Doc celebra a súa 20ª edición co apoio da Xunta de Galicia a través das axudas a festivais audiovisuais

O evento, de carácter internacional e especializado no xénero documental, recibe 50.000 euros como adxudicatario das subvencións que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais

24/04/2024 | 16:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta dinamiza a actividade cultural entre a cativada do rural co gallo do Día do Libro

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no I Encontro Letras na Praza con escolares de Fornelos de Montes, Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e A Lama

24/04/2024 | 15:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os Náufragos Teatro viaxa á Habana co apoio da Xunta para representar “Hugo” no congreso da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu a Gustavo del Río, autor e director desta obra que fala da empatía e da beleza da diferenza a través da relación entre un rapaz con trastorno do espectro autista e a súa amiga

24/04/2024 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O protocolo de colaboración en materia de política lingüística elixe de novo Santiago para celebrar a súa reunión anual

Os representantes de Galicia, País Vasco, Illas Baleares, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana xúntanse na capital galega para facer un seguimento e coordinar accións conxuntas arredor das linguas cooficiais do Estado

24/04/2024 | 13:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Aberta a convocatoria de axudas para a participación das galerías de arte galegas en feiras e mercados nacionais e internacionais

A partida increméntase en 30.000 € e admite a incorporación da asistencia a feiras de decembro do pasado ano para que poidan optar a estas subvencións

24/04/2024 | 13:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura

Desde o ano 2014 traballan diariamente no Gaiás os Seminarios de Lexicografía, Onomástica e Sociolingüística da Academia

24/04/2024 | 11:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 280.000 euros ás axudas para festivais de artes escénicas cun incremento do 30% respecto de 2023

Os eventos beneficiarios teñen que celebrarse entre o 1 de novembro do ano pasado e o 31 de outubro de 2024

23/04/2024 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o Día do Libro con actividades culturais nas bibliotecas e tamén con libreiros, escolares e cativada de pediatría hospitalaria

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita o toldo da Agrupación de Libreiros de Ourense e participa nas accións creativas na Ínsua dos Poetas con estudantes de centros de Infantil, Primaria e Secundaria da comarca do Carballiño

23/04/2024 | 12:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre nova convocatoria das residencias artísticas do Gaiás con catro axudas de 8.000 € para proxectos de artes visuais, escénicas, musicais e deseño

Poderá solicitalas calquera persoa física cunha proposta creativa a desenvolver durante estadías de tres semanas e un mes e medio na Cidade da Cultura