Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 475 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

19/07/2024 | 11:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa

Asegura que a recuperación do inmoble supón “cumprir un compromiso” coa cidade, revitalizando un “espazo cultural pioneiro”

18/07/2024 | 18:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación de actividades culturais no marco do Outono Lírico 2024

O director xeral de Cultura participa na presentación do catálogo que contará, como mostra principal, coa ópera ‘Madama Butterfly’ composta por Giacomo Puccini 

18/07/2024 | 18:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta oferta este verán en Lugo 325 prazas nos minicampamentos do programa ‘Coñece Galicia’

A directora xeral de Xuventude visita aos participantes na primeira quenda da actividade ‘A descuberta da Pobra do Brollón IV’, que se desenvolve no Hotel Rústico O Forno e que se enmarca na campaña para a mocidade ‘O teu mellor verán’

18/07/2024 | 17:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

O secretario xeral da Lingua participa na entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea en colaboración coa Xunta de Galicia, e que vai pola súa segunda edición  

18/07/2024 | 17:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá no Concello de Ferrol esta nova cita musical que terá lugar os días 28 e 27 de xullo nos Xardíns de Herrera

18/07/2024 | 15:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o encontro entre produtoras audiovisuais galegas e portuguesas no marco do vindeiro festival Porto/Post/Doc

Ábrese ata o 6 de setembro o prazo de inscrición no ‘Forum Luso-Galego. Creatividade e coprodución’, que terá lugar o 25 de novembro na cidade do Porto 

18/07/2024 | 13:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta estima un retorno de 3,85€ por cada euro investido na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

López Campos destaca que o estudo realizado “demostra o valor e a rendibilidade deste servizo que non ten ningún custo para as persoas usuarias”

17/07/2024 | 19:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo celebra 25 anos de exposicións temporais do Museo das Peregrinacións

O director xeral de Cultura inaugura a exposición ‘Verba Volant, picta manent’, conmemorativa da efeméride e que reúne máis dun cento de pezas representativas das distintas mostras temporais da entidade

17/07/2024 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca a “difusión dos fondos das nosas institucións en distintos espazos culturais”

A exposición itinerante ‘Os traballos de Hércules’ reúne 16 gravados orixinais que foron realizados a partir dunhas pinturas ao fresco do artista italiano Luca Giordano