Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 378 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

26/06/2024 | 16:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en valor o legado de Camilo José Cela coa iniciativa “Esas nubes que pasan”

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á primeira reunión do proxecto que finalizará cunha intervención artística ao carón do museo de Iria Flavia

26/06/2024 | 15:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos

A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe por López Campos, quen aplaude o recoñecemento ao papel de “embaixadores” dos valores e cultura xacobeas que realizan os patrocinadores

26/06/2024 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García chama a afondar na toponimia das cantigas co novo proxecto do Centro Ramón Piñeiro

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o valor pioneiro desta iniciativa que converte en cartografía a lírica profana galego portuguesa

26/06/2024 | 14:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións

Nos vindeiros días as persoas que teñan activado o Carné Xove poden solicitar de maneira gratuíta este documento con validez en máis de 90 países

25/06/2024 | 14:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
25/06/2024 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán plans culturais en máis de 200 concellos a través da campaña ‘CulturON 2024’

López Campos convida á cidadanía a sumarse a “unha oferta descentralizada e diversificada, accesible a todos os públicos que pon o foco nas zonas do rural”

24/06/2024 | 14:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Fundación Cidade da Cultura renovará a través dun concurso público a dirección de acción cultural para abrir unha etapa nova na súa programación

A institución procura avanzar na internacionalización e dixitalización da cultura galega, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, transformándoo nunha factoría que exporte contidos a centros de dentro e fóra de Galicia

24/06/2024 | 12:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa do ‘Voluntariado sénior’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 100.000€ para colaborar coas persoas maiores de 55 anos no desenvolvemento de actividades de voluntariado

23/06/2024 | 13:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con 14 audiolibros para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudica a liña de axudas posta en marcha por primeira vez o pasado ano

23/06/2024 | 10:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica a concesión das axudas á creación escénica, a través das que subvenciona sete propostas de novas formacións, cinco pezas de danza e 15 espectáculos de teatro, circo e maxia