Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

22/09/2023 | 20:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Galician Freaky Film Festival percorrerá o cinema fantástico e o anime internacional ao exhibir 45 curtas co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais asistiu esta tarde á sesión inaugural desta cita, que abre o seu programa coa conmemoración do 40º aniversario da película ‘Videodrome’, de David Cronenberg

22/09/2023 | 19:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez recoñece o compromiso do profesorado co bo clima de convivencia nas aulas

O conselleiro de Educación abre a xornada de formación sobre ‘A convivencia positiva e a prevención de conflitos’ que congrega preto 350 docentes en Santiago

22/09/2023 | 14:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 9,2 M€ nas obras dos centros escolares do Deza-Tabeirós

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP Plurilingüe de Rodeiro

22/09/2023 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que EDUGALIA converte a Galicia na primeira comunidade en incorporar a intelixencia artificial na xestión educativa

”O noso obxectivo é empregar esta tecnoloxía como un novo impulso ao noso ensino, que permita recoller información e traducila en accións útiles para o sistema”, sinala

22/09/2023 | 12:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O MUMI estreita vínculos culturais e profesionais entre as dúas beiras do Miño ao reunir 200 axentes do sector musical co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na recepción inaugural deste encontro sectorial que celebra esta fin de semana a súa cuarta edición entre Tui e Valença do Minho

21/09/2023 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia reúne preto dun cento de voces expertas en toponimia na VI xornada da comisión especializada de nomes xeográficos

O evento ten como nexo argumental a estreita relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital

21/09/2023 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha vintena de empresas e entidades conformarán a delegación da música galega promovida pola Xunta no Womex da Coruña

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse cunha representación das compañías inscritas para abordar as principais accións de difusión no marco deste gran encontro internacional, que terá lugar do 25 ao 29 de outubro

21/09/2023 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha guía para garantir o benestar emocional nos centros de ensino

Asegura que coidar o benestar e a saúde mental dos alumnos “é un obxectivo prioritario para a Xunta”

21/09/2023 | 10:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor anima aos coruñeses a descubrir a mellor maxia do mundo o 30 de setembro na dársena da Mariña e o 20 de outubro en Palexco

Trenor presentou cos organizadores do festival “Galicia Ilusiona” o programa de actos previstos na cidade

20/09/2023 | 19:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova exposición do Museo etnolóxico de Ribadavia escolle as fachadas de edificios do casco histórico para sensibilizar sobre a diversidade cultural

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración da mostra ‘Somos Afro’, producida polo Museo Nacional de Antropoloxía