Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

26/09/2023 | 14:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Curtocircuíto conta co apoio da Xunta para celebrar o seu 20º aniversario con 30 filmes de 16 países na sección oficial

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participou na presentación do certame que se celebra en Santiago de Compostela do 3 ao 8 de outubro

26/09/2023 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Formación Profesional galega marca un novo récord ao superar por primeira vez os 64.500 alumnos

A matrícula de FP gaña 3.687 estudantes e medra un 6% respecto ao ano pasado e un 86% respecto ao 2008-09, cando cursaban estas ensinanzas 34.746 persoas
 

25/09/2023 | 15:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Nova Galega de Danza inicia co apoio da Xunta as celebracións do seu 20º aniversario coa estrea de 'Berro'

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais participa na presentación do espectáculo que se verá o sábado 30 ás 20,00 h. por vez primeira no Pazo da Cultura de Narón no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios

25/09/2023 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta un dicionario bilingüe galego-italiano en liña co gallo do día europeo das linguas

Pioneiro no seu campo, está realizado polo Centro Ramón Piñeiro coa catedrática emérita da USC, Isabel González

25/09/2023 | 12:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 2.000 alumnos de 100 centros participarán no novo programa Innovatech FP

Román Rodríguez salienta a aposta pola innovación tecnolóxica e dixital na Formación Profesional a través desta acción na que a Xunta inviste 1,5M€

24/09/2023 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada

A próxima semana, coincidindo coa data exacta da inauguración do centro, celebraranse o venres 29 e sábado 30 distintas actividades de balde

24/09/2023 | 11:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación BOFILL visita bibliotecas escolares galegas para exportar a Cataluña o modelo de éxito da Xunta

Unha expedición desta entidade reuniuse con técnicos da Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación para coñecer polo miúdo as accións neste ámbito

23/09/2023 | 17:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse cos participantes no encontro que ten lugar en Santiago ata o día 24, ao abeiro do proxecto europeo Phone para lle dar voz ás linguas propias a través do teatro

23/09/2023 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
23/09/2023 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 45 alumnos de ensinanzas artísticas da Xunta obteñen as axudas ERASMUS +

O obxectivo da Consellería de Educación é seguir impulsando a mobilidade deste alumnado para enriquecer a súa formación