Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/10/2023 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e AGAPI organizan unha xornada formativa sobre a produción sostible nas rodaxes audiovisuais

O Museo do Pobo Galego acollerá este venres tres relatorios nos que se abordarán os retos e estratexias para a adopción de prácticas sostibles no sector do cinema e a televisión

18/10/2023 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/10/2023 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mil coordinadores de benestar e convivencia fórmanse nun congreso organizado pola Xunta

O conselleiro de Educación destaca o reforzo desta figura este curso, no marco da aposta do Goberno galego polo benestar emocional nas aulas

17/10/2023 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As artes escénicas galegas viaxan a Colombia como protagonistas dos festivais de Manizales e Medellín

A Xunta de Galicia promove a participación dunha delegación artística e institucional tanto na decana mostra de teatro de Manizales, que dá comezo esta fin de semana, como no Comfama San Ignacio de Medellín, que arranca o día 30

17/10/2023 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Polos creativos incorporan 35 docentes para crear unha rede de apoio que favoreza a súa extensión

Román Rodríguez destaca a expansión progresiva deste programa a todos os centros e a vontade da Xunta de implicar ás familias e contorna nas súas accións

17/10/2023 | 13:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
16/10/2023 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os Premios da Cultura Galega 2023 recaen en Yolanda Castaño, o Museo do Gravado á Estampa Dixital, Pistacatro, a Banda de Música Unión de Guláns, Portocabo, Ponte...nas Ondas!, Eduardo Pardo de Guevara e os curso de verán Galego sen fronteiras

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
 

16/10/2023 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os auxiliares de conversa multiplícanse por dez en 15 anos e acadan este curso a cifra récord de 655

Prestarán apoio ao ensino de linguas estranxeiras en máis de 800 centros educativos galegos a través desta acción que absorbe un investimento de 4,6 M€
 

15/10/2023 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pón en valor o legado do Seminario de Estudos Galegos cun programa didáctico e de visitas especiais ao redor da exposición Luz na terra no museo Gaiás

Ramón Villares, comisario da mostra e un dos historiadores máis destacados de Galicia, comeza o martes 17 de outubro este programa de visitas especiais conducidas por algúns dos maiores expertos na historia do Seminario de Estudos Galegos

14/10/2023 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa catro residencias artísticas no Gaiás ligadas aos coidados, a moda sostible, a artesanía do coiro e a saúde mental

‘Coidad@’ de Marcos Dios Aguado, ‘Con/suere’ de Ana Pérez Valdés, ‘Coiro Fervido’ de Edita Rodríguez Oca e ‘Está vostede aquí?’ de Sara Donoso son os proxectos seleccionados na convocatoria