Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

01/11/2023 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

68 investigadores posdoutorais poderán afianzar a súa traxectoria científica no sistema galego de I+D+i grazas ao apoio da Xunta

As consellerías de Educación e de Economía veñen de adxudicar os contratos tanto para a formación inicial como para a consolidación de liñas de investigación propias
 

31/10/2023 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia dedícalle un ciclo ao cineasta experimental Jon Jost co gallo da estrea mundial do filme ‘Casa do silencio’, rodado de Galicia

O realizador estadounidense presentará esta produción de aCentral Folque o 24 de novembro na cinemateca da Xunta, onde ese mesmo día ofrecerá unha ‘master class’

31/10/2023 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste preto de 70.000 euros en obras de acondicionamento do CPI Laureano Prieto da Gudiña

O delegado territorial explicou que estas intervencións que promove a Xunta en infraestruturas escolares apostan por un modelo de centros “ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”

31/10/2023 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

O director xeral de Cultura e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa presentan a programación das actividades de divulgación científica
 

31/10/2023 | 12:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que ‘A Santa’ de Asorey pode visitarse desde hoxe no Museo Zorrilla de Montevideo

O traballo da Xunta para adquirir esta peza remata coa súa incorporación á colección permanente da antiga casa de veraneo do poeta José Luis Zorrilla e de San Martín

30/10/2023 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima aos galegos no exterior a retornar para estudar como xa fixeron 1.200 persoas

O conselleiro de Educación presenta en Bos Aires e Montevideo as bolsas que a Xunta ofrece para cursar ensinanzas de FP e másteres universitarios

30/10/2023 | 15:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As bibliotecas de Betanzos e Cenlle reciben o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2023

Os proxectos galardoados afondan na capacidade de crear alianzas estratéxicas, así como no impulso de actividades para a implicación da comunidade educativa

30/10/2023 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conclúe a actuación no xacemento de Proendos coa consolidación do primeiro hórreo romano de muros paralelos do noroeste peninsular

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a actuación promovida en colaboración co Concello de Sober dálles continuidade aos traballos realizados en campañas anteriores, cun investimento autonómico superior aos 100.000 euros

29/10/2023 | 17:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

Román Rodríguez enxalza o traballo do Centro Cultural Partido A Estrada a prol do fomento da cultura desde A Arxentina

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades coñece a actividade deste grupo, acompañado polo seu director, Xosé Manuel Besteiro
 

29/10/2023 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa nun 33% as axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 1,6M€ a esta convocatoria, o triplo que antes da pandemia