Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

07/11/2023 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta rende homenaxe á recoñecida bibliotecaria Olga Gallego polo centenario do seu nacemento cunha exposición documental no Gaiás

Recolle, a través de documentos e publicacións, a traxectoria profesional e persoal da que foi a primeira muller na Real Academia Galega

06/11/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor pon en valor o investimento de máis de 320.000€ para mellorar os servizos e a confortabilidade dos CEIP de Santa Irene e Portosín

O delegado da Xunta asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostibles

06/11/2023 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anima a que o encontro internacional da Ribeira Sacra contribúa a acadar o recoñecemento da UNESCO

O responsable autonómico de Cultura lembra que este é un “verdadeiro reto de país” que precisa da implicación de todos os axentes para garantir o éxito

06/11/2023 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego afonda na conexión coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey

Xunto á compañía institucional galega, participan na produción de ‘Manuela Rey Is In Da House’ o Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II e o Teatro Nacional São João
 

06/11/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta alenta a mocidade da provincia de Ourense a participar nas actividades do Outono Xove

Gabriel Alén sinalou que o programa conta 900 prazas dispoñibles para que a mocidade galega desfrute de actividades de lecer e formativas durante as fins de semana dos meses de novembro e decembro en albergues xuvenís e residencias de tempo libre situadas en diferentes localidades do territorio galego
 

06/11/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o investimento de máis de 580.000 € para a mellora das fiestras e da fachada do CPI Armado Cotarelo Valledor como un compromiso cumprido con Boimorto

O delegado territorial na Coruña asegurou que todas estas as actuacións teñen como obxectivo adaptar os centros educativos de toda a xeografía galega de acordo cos novos retos tecnolóxicos e ambientais facéndoos máis confortables, seguros e sostible

05/11/2023 | 15:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Ribeira Sacra reúne unha trintena de expertos de todo o mundo nun congreso internacional

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades inaugurará mañá esta cita que se celebrará ata o mércores no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil

05/11/2023 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía ata os 525.000 € a súa achega para a conservación da igrexa de San Francisco

Román Rodríguez explica que o acordo inicial increméntase un 50% para dar resposta ás necesidades detectadas na execución dos traballos

05/11/2023 | 10:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta denuncia que a proposta de ABAU para este curso agrava as desigualdades entre comunidades e esixe un marco común homologado que garanta a equidade no acceso á universidade

A Consellería de Educación presenta un paquete de alegacións ao proxecto de orde ministerial encamiñadas a corrixir esta deriva

04/11/2023 | 18:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 3000 persoas gozaron dos cinco espectáculos galegos que viaxaron a Colombia grazas ao acordo da Xunta cos festivais de Manizales e Medellín

Ademais do público que seguiu as montaxes galegas nos teatros, a televisión rexional de Antioquia retransmitiu en directo ‘Orquestra de malabares’, de Pistacatro, como parte do cartel do Comfama San Ignacio de Medellín