Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.854 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/11/2023 | 11:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que este curso haberá accións especializadas de mellora educativa nos ámbitos da innovación e a inclusión en 740 centros

O representante do Goberno galego avanza que o seu departamento destina 2,2 M€ para que este ano a iniciativa chegue a un 25% máis de colexios e institutos
 

20/11/2023 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias advírtelle ao Concello de Lugo que o conflito da limpeza está a causar graves prexuízos nos colexios

O delegado territorial da Xunta trasládalle a preocupación, compartida polos centros educativos, por que se poida producir un problema de saúde pública

20/11/2023 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta patrocina o arranque da derradeira xira de Leilía e o peche da de Xisco Feijoó con ‘Peixe’

Tras 34 anos nos escenarios, as cantareiras culminan a súa despedida cunha serie de concertos o día 26 a Ferrol e o 2 de decembro á feira Culturgal de Pontevedra

20/11/2023 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reconstrúe con tecnoloxía dixital o Portomarín orixinal antes de ser anegado polo encoro de Belesar e ofrece paseos virtuais pola vila

A antiga vila luguesa volve á vida grazas á realidade e a un rigoroso traballo de investigación en patrimonio dentro do proxecto de realidade virtual do Galiverso

19/11/2023 | 10:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta completa o programa expositivo do Gaiás de 2023 cunha experiencia dixital inmersiva na natureza e unha retrospectiva do pintor José María Barreiro

‘Hábitats. Natureza estendida’ é o título da nova aventura sensorial que permite viaxar polos cinco continentes sen saír do museo grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e aumentada

18/11/2023 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/11/2023 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia a 820 centros este curso

A Xunta destina 1,5M€ a colexios e institutos para renovar fondos e espazos de lectura

17/11/2023 | 20:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo entregan os galardóns do I Premio internacional de poesía Carlos Oroza

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e o director xeral de Cultura destacaron o éxito do certame literario convocado co apoio do Goberno galego

17/11/2023 | 19:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
17/11/2023 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia suma cinco centros na Rede Estatal de Excelencia da Formación Profesional, o que a consolida no grupo de comunidades líderes neste eido

Este ano incorpóranse á rede os centros integrados CIFP Someso da Coruña e CIFP Politécnico de Santiago, que se engaden aos tres incluídos o pasado curso