Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.855 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/01/2024 | 10:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG publica a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Entroido galego

Queda desde hoxe protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial nas súas diferentes expresións

24/01/2024 | 17:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP destaca a aposta de Nervión Naval Offshore pola formación dual de 46 alumnos en colaboración con catro centros de Ferrolterra

Eugenia Pérez visita as instalacións desta firma especializada en estruturas eólicas onde alumnado dos ciclos de soldadura, mecatrónica, fabricación mecánica, transporte e administración realizará a súa formación práctica a partir de marzo

24/01/2024 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a colocación de 1.242 puntos laranxa contra o acoso escolar nos centros educativos galegos

Funcionan como un buzón no que o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou que perciban en terceiros

24/01/2024 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo Clásicas Desfeitas renova o Hamlet de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura

O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, adapta o escritor de Mondoñedo nunha obra itinerante e interactiva que bebe tamén de Shakespeare e do brasileiro Machado de Assis

24/01/2024 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria para solicitar axudas de ata 7.500€ para apoiar citas de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado

A liña de subvencións, dirixida a institucións sen fins de lucro e entidades locais, forma parte do Plan Xeración Cultura

23/01/2024 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación de profesores de Asturias visita Galicia para coñecer o funcionamento do modelo de bibliotecas escolares como exemplo a seguir

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acompaña ao grupo nunha visita ao Colexio CEIP de Chancelas

23/01/2024 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura acolle na fin de semana a proxección do mellor cinema infantil internacional coa oitava edición do festival Pequefilmes

Haberá tres seccións por idades: ‘Vagalumes’, dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos, ‘Miñocas’ a partir de 4 anos e ‘Fanecas’ para maiores de 7

23/01/2024 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O primeiro estudo económico da industria musical galega cifra o seu impacto en 227,7 M€ e 3250 empregos

Román Rodríguez subliña que o estudo sitúa a Galicia como a primeira Comunidade do Estado en ofrecer unha análise pormenorizada como ferramenta para a toma de decisións sobre o desenvolvemento do sector

23/01/2024 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Colexios de Salvaterra, Tui, Xinzo de Limia e Verín compartirán actividades con centros portugueses a través do novo programa Escolas de Fronteira

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, reúnese cos seis centros participantes na iniciativa