Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

02/02/2024 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á oferta cultural de Vigo con 29 funcións escénicas e musicais como membro da rede galega de teatros e auditorios

O Auditorio Municipal de cidade olívica é un dos espazos asociados á programación que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades cofinancia con 41 entidades locais de toda Galicia
 

01/02/2024 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Converxencias Portugal-Galicia celebra a súa 10ª edición cunha ampla programación cultural na que colabora a Xunta

O prato forte da edición será o concerto de Amancio Prada xunto á Orquestra Filharmónica de Braga, Canto D’Aquí e Coro de Pais o 25 de febreiro en Braga

01/02/2024 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta habilita un Punto Laranxa contra o acoso escolar no instituto de Mos

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa explicou que este punto funciona como unha caixa de correo na que trasladar situacións de acoso

01/02/2024 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego intensifica a súa actividade de creación escénica coa mostra de catro coproducións e a programación do Salón Teatro

Coproduce o ciclo ‘Clásicas desfeitas’ na Cidade da Cultura de Galicia coa actualización do Hamlet de Cunqueiro e de textos da mitoloxía feminina grecolatina

01/02/2024 | 12:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
31/01/2024 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca a colocación de puntos laranxa contra o acoso escolar nos Espazos Xove de Galicia

As directoras de Ordenación e Innovación Educativa e de Xuventude, Participación e Voluntariado visitan Vilagarcía, onde se vén de instalar un destes puntos

31/01/2024 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza unha app que permite préstamos electrónicos dos fondos das bibliotecas públicas

O novo servizo, dispoñible para Android e iOS, dá acceso a calquera hora e día da semana a máis de 14.000 títulos de fondos literarios e documentais de ‘GaliciaLe’

31/01/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia recibe o cineasta Aki Kaurismäki para presentar a súa última película dentro da retrospectiva que se lle dedica ata abril

O director finés será un dos protagonistas da programación de febreiro na sede da cinemateca da Xunta na Coruña, onde estará o vindeiro día 7 con ‘Fallen Leaves’
 

31/01/2024 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Galaxia editan a primeira adaptación a novela gráfica do clásico Memorias dun neno labrego para achegarllo á mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta nova versión do libro máis lido e traducido da literatura galega

31/01/2024 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 11 novas funcións de teatro e danza en Santiago de Compostela co apoio da Xunta

A carteleira, cofinanciada co Concello, iníciase esta fin de semana no Teatro Principal con dous pases de ‘As alumnas’, adaptación da compañía Culturactiva do texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023