Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

08/02/2024 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG oficializa a acreditación do Campus Auga de Ourense como campus especializado en temáticas de auga e alimentación

Convértese no terceiro campus en acadar este recoñecemento, logo do Campus Industrial de Ferrol e do Campus Terra de Lugo

08/02/2024 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de estadías lingüísticas en primavera con 1.475 prazas para o alumnado galego

O obxectivo é estimular a práctica oral do alumnado de 6º de Primaria a 4º de ESO en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia
 

07/02/2024 | 20:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cineasta Aki Kaurismäki elixe a Filmoteca de Galicia para presentarlle ao público ‘Fallen leaves’

O director finlandés viaxou hoxe ata A Coruña con motivo da proxección do seu último filme na cinemateca da Xunta dentro do ciclo que se lle dedica ata o mes de abril

07/02/2024 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta o éxito das mulleres no ámbito literario na entrega do XXVII Premio San Clemente de Narrativa

O secretario xeral de Política Lingüística e o director xeral de Centros e Recursos Humanos asisten á cerimonia de entrega destes galardóns impulsados polo IES Rosalía de Castro

07/02/2024 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación do Goberno de Canarias visita Galicia para coñecer o seu modelo de ensino rural

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades acompaña ao grupo nunha visita ao CRA de Valga para amosar o seu funcionamento

06/02/2024 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
06/02/2024 | 13:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa '21 días co galego e +' pecha a súa VI edición con récord de participación

O secretario xeral de Política Lingüística asiste no Colexio CEIP Plurilingüe da Ramallosa ao acto oficial de clausura desta iniciativa de dinamización lingüística
 

06/02/2024 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP visita o Instituto de Pontepedriña, en Santiago, para explorar o impulso da oferta dual neste centro o vindeiro curso

Eugenia Pérez subliña “a grande demanda” dos ciclos vinculados ao ámbito comercial, de xestión de vendas e de loxística, onde este centro é un referente

05/02/2024 | 17:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a campaña de promoción do libro en galego pola que se repartirán 20.000 escolmas de Rosalía de Castro

A proposta, impulsada pola Casa-Museo da autora e a Fundación Xistral, aplicarase a quen merque un libro en lingua galega entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo nas librerías da Federación de Librerías de Galicia

05/02/2024 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta a nova escolma do catálogo de curtametraxes Shorts from Galicia no festival francés de Clermont-Ferrand

Esta recoñecida cita internacional marca o inicio da difusión da publicación, que en 2024 reúne os novos traballos de Fon Cortizo, Mario Fernández Filloy, Juan Barbazán, Alba Pino, Carmen Méndez e Paula Fuentes con Guillermo Carrera