Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

04/03/2024 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A estrea de “Tratamos demasiado bien a las mujeres” forma parte da ampla presenza do cinema galego no Festival de Málaga

O director de Industrias Culturais asistiu no Teatro Cervantes da cidade andaluza ao pase inaugural do filme de Ficción Producciones, un dos seleccionados na sección oficial do certame

04/03/2024 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a mellora de confort e enerxética do colexio plurilingüe de Lousame logo dun investimento de preto de 600.000 € da Xunta

O conselleiro de Educación en funcións visita o centro, no que se substituíron un total de 220 fiestras e se instalou illamento térmico nas fachadas

04/03/2024 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o traballo de seis institutos e centros de FP cos premios Eduemprende idea 2023

O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño

04/03/2024 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publicará mañá no DOG a incoación para declarar Ben de Interese Cultural os murais de Lugrís na rúa Olmos da Coruña

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inicia así o procedemento para outorgarlle a máxima protección ao conxunto mural logo de recibir os informes realizados polo Concello da Coruña

03/03/2024 | 15:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a 40 novos talentos da creación contemporánea a amosar o seu traballo no XIV ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura’

O ‘EAN14’ ofrécelles a oportunidade de dar a coñecer o seu proxecto creativo nunha estancia de catro días no Gaiás, cos gastos de estancia cubertos, na que entrar en contacto con outros artistas e de optar a realizar unha intervención nas Torres Hejduk

03/03/2024 | 10:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a sexta edición dos Premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica en graos universitarios

Van dirixidos ao alumnado de grao que obtivese as mellores cualificacións no ano académico 2022/23 nas universidades galegas, agás no último curso, no que se outorgan os Premios Fin de Carreira

02/03/2024 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez fixa a redución da burocracia nos centros educativos como unha prioridade

Asegura que, en cumprimento do Acordo de Mellora do Sistema Educativo entre Xunta e sindicatos, xa están constituídos os grupos de traballo para a simplificación administrativa

02/03/2024 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a restauración da Capela da Soidade de Lugo rematará en abril

O responsable de Cultura explicou que o desenvolvemento da obra non impedirá a saída dos pasos de Semana Santa de Lugo, festa de Interese Turístico de Galicia

01/03/2024 | 11:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo ata o 20 de marzo para que as familias soliciten praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2024/25

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

29/02/2024 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez enxalza o valor divulgador da mostra ‘A nosa arte’ por dar a coñecer o patrimonio artístico que custodia o Parlamento de Galicia

Esta escolma de pezas “constitúe unha máis que nutrida mostra de 40 anos de intensos movementos artísticos en Galicia”, afirma o representante da Xunta