Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

14/03/2024 | 12:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro empresas optan á rehabilitación integral do colexio CEIP Froebel por máis de 1,1 M€

O proxecto da Xunta inclúe a renovación de case 1.500m² de cubertas, a mellora do illamento térmico e a instalación de novos falsos teitos, luminarias, alicatado e portas

13/03/2024 | 19:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
13/03/2024 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O filme ‘San Simón’ ródase na provincia de Pontevedra co apoio da Xunta a través das axudas á produción audiovisual

A película conta cunha subvención de máis de 255.000 euros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

13/03/2024 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa

O secretario xeral de Política Lingüística participa na apertura oficial deste encontro que incorpora como principal novidade o galego, presente a través de numerosos traballos centrados no procesamento automático da nosa lingua

13/03/2024 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reparte nos Polos Creativos un ‘kit’ con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M

Esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos de Educación Infantil, Primaria e ESO

12/03/2024 | 18:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez pide axilidade na elaboración do Plan especial de Conxo para construir un centro de FP

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións participa no Consello de Administración do Consorcio de Santiago

12/03/2024 | 14:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca a formación profesional especializada en hostalería e turismo como un dos grandes alicerces do récord de visitantes que recibe Galicia

Salienta o labor dos centros integrados de FP cos que conta a comunidade para estas familias profesionais, entre os que se atopa o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e no cal a Xunta vén de investir 2,8 M€ para a súa ampliación

12/03/2024 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de mil estudantes de lingua galega danse cita en Cacabelos para celebrar o Día do Galego no Bierzo

O secretario xeral de Política Lingüística participa nas XVI Xornadas Martín Sarmiento, nas que se entrega a IV edición do Premio Morales

12/03/2024 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea en Galicia "Manuela Rey Is In Da House" con tres funcións no Teatro Principal de Santiago

Fran Núñez asina a dirección artística e a dramaturxia da montaxe, inspirada na historia da artista de orixe galega, gran estrela do teatro lisboeta do século XIX