Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.856 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

22/03/2024 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta que a gratuidade da matrícula universitaria demostra o compromiso da Xunta por un ensino accesible que recoñece o esforzo e a excelencia

Concedéronse premios a 430 alumnos e alumnas de diferentes titulacións de grao das tres universidades galegas, que obtiveron as mellores cualificacións durante o ano académico 2021/2022

22/03/2024 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación analiza coa Xunta Autonómica de Directores as probas de diagnóstico fixadas para toda España polo Ministerio a través da Lomloe

O secretario xeral técnico e a directora de Ordenación e Innovación Educativa informaron das mesmas, que serán o 10 e 11 de abril para 4º de Primaria e 2º de ESO

22/03/2024 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Cidade da Cultura dá a benvida a primavera cunha intervención paisaxística nas Torres Hejduk que reivindica o valor dos bosques galegos para a vida

‘Da semente á árbore’ é un proxecto da enxeñeira técnica agrícola Mónica Rodríguez Parcero, que poboa o espazo con varias especies atlánticas e mediterráneas

21/03/2024 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Mostra Primavera enDanza de Carballo ofrece seis espectáculos a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia

Desenvolverase no Pazo da Cultura do 12 e o 30 de abril coas producións galegas de Marcia Vázquez, Paula Quintas Cía e Nova Galega de Danza, e as propostas estatais de La Coja Dansa, Miguel Barrero y La Pequeña Victoria Cen, e Led Silhouette

21/03/2024 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Día da poesía e o Día das Árbores nun acto no que conviven cultura e natureza

O director xeral de Cultura e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal participan na Celebración da auga, a árbore e a poesía na Ínsua dos Poetas do Carballiño

20/03/2024 | 17:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/03/2024 | 14:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a rehabilitación do retablo da capela da venerable orde terceira do antigo Convento de Alcántara en Mondoñedo

O Goberno galego elevará o investimento ata os 330.000€ para levar a cabo esta actuación despois de resolver as patoloxías e danos que afectaban ao edificio

20/03/2024 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achégalles un novo investimento de 880.000 euros ás salas de cine, música, teatros e auditorios

Hoxe publícanse no DOG as bases das subvencións para a modernización e xestión sostible das salas de cine, dotadas con 380.000 euros, e mañá será a quenda das dirixidas aos espazos de programación escénica e musical, con 500.000 euros

20/03/2024 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Semana Santa de Viveiro lucirá este ano a talla do Cristo da Veracruz tras a restauración da Xunta

A Confraría da Venerable Orde Terceira Franciscana, unha das máis antigas de Viveiro, sacará a imaxe en procesión o Martes Santo

20/03/2024 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementou máis dun 65% nos últimos catro anos o seu apoio ao teatro afeccionado a través da colaboración con Fegatea

“O Circuíto galego de Teatro Amador chega a máis de 6.000 espectadores e mobiliza 800 persoas, co correspondente fluxo económico”, explica Román Rodríguez