Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

01/06/2023 | 10:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre hoxe o prazo de inscrición do programa mentoring autónomos para apoiar a 200 profesionais no crecemento e consolidación dos seus negocios

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade poden solicitar a súa praza ata o vindeiro 30 de xuño

31/05/2023 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza o papel da muller como dinamizadora das contornas rurais e artífice do seu crecemento

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participaron hoxe nunha xornada organizada por Leite Río en Oleiros para impulsar a coraxe da muller rural
 

31/05/2023 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta para financiar os CIM e para que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño

O delegado da Xunta e a secretaria xeral da Igualdade informaron hoxe na Coruña destes apoios a través dos que o Goberno galego inviste este ano 9,3 M€

31/05/2023 | 10:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
30/05/2023 | 14:38 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Mañá abre o prazo para que asociacións, autónomos e pemes comerciais soliciten as axudas da Xunta para financiar proxectos que introduzan as novas tecnoloxías, a innovación e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago de Compostela na clausura da XXIII Asemblea Xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar

30/05/2023 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia con ata máis de 19.000 € anuais a contratación de preparadores laborais que presten apoio ás persoas con discapacidade nos seus empregos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria destes apoios aos que destina medio millón de euros

29/05/2023 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia os gastos de posta en marcha de empresas de base tecnolóxica con ata 24.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica mañá a nova convocatoria destes apoios que inclúen achegas tamén para as contratacións indefinidas, para a conciliación e, como novidade este ano, para o desenvolvemento da función de xerencia das e dos profesionais

27/05/2023 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta programa este xuño visitas a entidades da economía social a través dos Polos de emprendemento nas vésperas do Día internacional do cooperativismo

A Xunta quere dar coñecer os beneficios desta fórmula e ofrece á cidadanía a posibilidade de visitar cooperativas das catro provincias os venres 2, 9, 16 e 23 de xuño, co gallo da celebración o 1 de xullo do Día internacional do cooperativismo