Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

26/06/2024 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta moderniza o sistema público de emprego co apoio da intelixencia artificial para avanzar na cobertura de vacantes e favorecer a empregabilidade

José González explicou que con EMi, dispoñible nas oficinas de emprego de Galicia, o Goberno galego busca cubrir as demandas das empresas en relación coas necesidades de man de obra e atender as persoas que estean buscando activamente traballo

26/06/2024 | 12:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que ata o próximo domingo 30 de xuño está aberto o prazo para inscribirse no programa ‘Mentoring Traballo Autónomo’

En total, ofértanse 200 prazas para recibir mentorización, unha fórmula que persegue desenvolver o potencial dos traballadores autónomos participantes e xerar un mercado laboral máis forte

26/06/2024 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca o compromiso da Xunta coa cultura da prevención a través da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia

A delegada territorial interveu esta mañá na clausura das xornadas técnicas ‘Seguridade e saúde laboral na industria’ organizadas por Asime

26/06/2024 | 09:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata o 5 de setembro o prazo para solicitar os 6,5 M€ en axudas para apoiar o emprendemento en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a modificación do prazo de solicitude desta convoctoria dirixida a pemes, autónomos, mutualistas e entidades da economía social que inicien a súa actividade ou o teñan feito desde o 1 de xaneiro de 2022

25/06/2024 | 21:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso co tecido produtivo e co emprego da provincia de Ourense co gallo de vertebrar o territorio e fixar poboación

José González lembrou accións en colaboración coa CEO a prol da inserción laboral e da formación para o emprego e sinalou que onte aprobáronse en Consello axudas por 76 M€ para formar 18.000 persoas nas profesións máis demandadas polas empresas

25/06/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Corazón da Artesanía de Agolada promoverá nesta edición a incorporación da Artesanía de Galicia no ámbito da gastronomía

A programación do proxecto Artesanía no Prato inclúe showcookings de recoñecidos chefs galegos do Grupo Nove nos que se empregarán pezas de 10 obradoiros de Artesanía de Galicia

25/06/2024 | 14:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o asesoramento, a dixitalización e a innovación nos negocios a través da súa colaboración coa Federación Galega de Comercio

O director xeral de Comercio e Consumo visitou a sede da Federación Galega de Comercio en Lugo onde abordou co seu presidente distintos aspectos sobre o labor desta entidade e a colaboración co Goberno galego para poñer en valor este sector

25/06/2024 | 12:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sinala a importancia da formación para o emprego axustada ás demandas das empresas para que o sector TIC siga a ser referente en Galicia

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, acompañada do director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), visitou hoxe as instalacións na Coruña de NTT Data

25/06/2024 | 11:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia da Prevención de Riscos nos postos de traballo con carga física e avoga pola promoción de hábitos saudables nos espazos laborais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura dun webinario técnico organizado polo Issga