Actualidade
Buscador de novas
Galicia mantén o emprego malia a incidencia do fin dos contratos de verán no paro rexistrado en agosto
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo en valor que a comunidade resista ao efecto de finalización dos contratos da campaña estival coa segunda cifra máis baixa de desempregados desde que hai rexistro: 127.725 persoas
A Xunta colaborará coas tres universidades públicas no estudo da realidade galega en materia de conciliación e corresponsabilidade
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de asinar convenios coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo para a realización dunha radiografía sobre a repartición das tarefas domésticas e de coidados entre mulleres e homes
A Xunta pon en valor o papel das mulleres rurais na economía galega e na dinamización do territorio
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, referíndose a elas como “as verdadeiras protagonistas, os alicerces do noso sustento”
Xunta e Cáritas poñen en marcha un proxecto pioneiro en Galicia para formar a persoas inmigrantes en situación irregular en sectores con demanda laboral
Rueda salienta que o obxectivo é que poidan obter unha autorización de residencia e de traballo, ao tempo que se contribúe a facer fronte á escaseza de man de obra en certos sectores do mercado laboral
A Xunta traballa nunha nova lei de cooperativas para axilizar a creación de entidades e regular novos modelos de traballo colaborativo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe en Ribadavia as adegas de Viña Costeira, onde referendou o seu compromiso cunha fórmula que “dá prioridade aos beneficios sociais antes que á rendibilidade financeira”
A Xunta ten aberto ata o vindeiro 15 de setembro o prazo para solicitar diversas liñas de axudas de apoio á economía social por un importe global de case 10 millóns de euros
En concreto, hai achegas para fomentar o emprendemento e o emprego na economía social, para consolidar as distintas entidades deste eido económico e para a creación de cooperativas e sociedades laborais
A Xunta reabre mañá o espazo de lecer no campionato de surf Pantín Classic Galicia Pro para garantir a conciliación das familias asistentes
O Goberno galego apoia con 150.000 euros o programa cunha oferta de ocio dirixida a menores de entre 4 e 16 anos
A Xunta invistirá preto de 850.000 euros en 2 obradoiros de emprego xuvenís na provincia de Ourense nos que se formarán 32 mozos e mozas
O delegado territorial explicou que o Obradoiro de Emprego ‘Manco Xove VI’, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 424.836,96 euros formará a 16 mozos e mozas na comarca de Ourense
A Xunta ultima a posta en marcha do Polo de emprendemento de Pontevedra Leste e Sur que dará servizo a 28 concellos desde O Porriño
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou o Polo de Pontevedra Leste e Sur para ver o estado das obras
A Xunta promove a contratación de menores de 30 anos con incentivos de ata preto de 20.000 euros por persoa moza e un investimento de máis de 7,5 M€
O Goberno galego ofrece axudas para a contratación de mozas e mozos tanto con titulación como sen cualificación acreditable, a tempo completo e por un período de doce meses