Actualidade
Buscador de novas
Rivo louva o proxecto de economía social Trasdeza Natur, asesorado no polo de emprendemento de Silleda e que protagonizará un calendario europeo
A consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, visitou esta empresa silledense no día no que os seus responsables foron fotografados pola Comisión Europea para servir de imaxe a un dos meses do vindeiro ano 2024
A Xunta presenta a nova Estratexia de Seguridade e Saúde Laboral nada do consenso cos axentes sociais para un mercado laboral respectuoso, diverso e seguro
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou no acto de presentación que na elaboración do documento se tivo en conta a configuración do tecido empresarial, as peticións dos sindicatos e as achegas doutras áreas da Xunta
Agustín Reguera destaca o gran traballo levado a cabo polo alumnado do obradoiro de emprego dual da Xunta en Caldas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra puxo en valor que os obradoiros de emprego duais combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas
A Xunta destaca o papel dos obradoiros de emprego para mellorar as oportunidades laborais da mocidade e dinamizar a economía local
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na inauguración do obradoiro de emprego Xóvenes Moraña-Valga 2
Trenor inaugura en Betanzos o obradoiro de emprego que ofrece formación e traballo a 16 menores de 30 anos desempregados
Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e atención sociosanitaria a persoas no domicilio
Galicia pecha setembro coa cifra de paro máis baixa neste mes desde hai 27 anos
Con respecto a hai un ano, Galicia é a quinta comunidade onde máis baixou o desemprego, que caeu nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos
Rivo referenda o compromiso da Xunta no impulso do cooperativismo como modelo que aposta polo traballo colaborativo e igualitario
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na inauguración da VI Xornada Cátedra de Cooperativas Agroalimentarias
A Xunta leva un ano máis a economía social galega ao salón ‘Xantar’ de Ourense para dar a coñecer os seus beneficios e produtos
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade contará cun posto en Expourense entre o 2 e o 5 de novembro no que porá en valor o compromiso social destas empresas e a súa capacidade de xerar oportunidades de inclusión laboral