Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

24/10/2023 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinará en 2024 preto de 100 M€ á formación de persoas ocupadas e desempregadas co gallo de consolidar un mercado laboral estable e de calidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na clausura do II Encontro Ágora, onde se analizaron os retos profesionais na era da transformación dixital e se entregaron os premios da Cátedra Telefónica-UVigo

24/10/2023 | 15:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o obradoiro Cumes da Terra Chá e impulsa a contratación dos 20 participantes en empresas locais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega de diplomas e lembrou que o Goberno galego investiu 534.000 euros na iniciativa

24/10/2023 | 14:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinará ata 360.000 euros á colaboración coas universidades públicas galegas para o fomento da cultura emprendedora entre a mocidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, asinaron hoxe un convenio por valor de 20.000 euros para formar o alumnado e promover iniciativas empresariais

24/10/2023 | 13:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa o seu compromiso co emprendemento e co emprego feminino para a consolidación das mulleres no ámbito profesional e social

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, asistiu a esta mañá ao VII Congreso Empresarial Acción e Implicación, organizado por Empresarias Galicia

24/10/2023 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza o seu investimento en emprendemento cun 56,2 % máis de orzamento en 2024 ata os 28,5 M€

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe nas Xornadas de Emprego do Foro Avanza da Universidade da Coruña

24/10/2023 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O orzamento de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024 incrementa nun 3 % o investimento para a economía social que acadará os 43,6 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na apertura da xornada Novas ferramentas de Saves para o cooperativismo galego

23/10/2023 | 13:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia unha cota cero para todos os autónomos que inicien a súa actividade en 2024

A Xunta investirá nesta medida pioneira 9,6 M€ que beneficiarán a unhas 10.000 persoas
 

22/10/2023 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o papel da muller no desenvolvemento da economía rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu esta mañá ao acto co gallo do 25º aniversario da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro), onde louvou o seu papel na construción dunha sociedade máis igualitaria

21/10/2023 | 19:40 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a profesionalización e o papel trascendental das redeiras no sector pesqueiro e a súa contribución no conxunto da cadea mar industria

Alfonso Villares felicitou ao colectivo por lograr unha reivindicación histórica na mellora das condicións de xubilación na que contaron co apoio do Executivo galego

20/10/2023 | 21:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a importancia das voces femininas do audiovisual para derrubar barreiras de xénero

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou na entrega dos III Premios Mulleres no Foco, organizados pola Deputación de Pontevedra en cotaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais