Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

31/10/2023 | 10:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os centros especiais de emprego poden anotarse desde o xoves ao programa de formación dual dirixido á inserción laboral de 100 persoas con discapacidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria desta iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que duplica o seu investimento ata os 6 millóns de euros

31/10/2023 | 10:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca axudas para que entidades empresariais e sindicais promovan a prevención de riscos laborais no tecido produtivo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a liña de axudas dotada con máis de 600.000 euros para financiar accións de formación, información e asistencia técnica

30/10/2023 | 15:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o impulso da Xunta á consolidación da Rede de polos de emprendemento e pon en valor a súa contribución a unha Galicia potente

Salienta o compromiso do Goberno galego co emprendemento, como se reflicte nos 30,6 M€ que se lle destinan nos Orzamentos de 2024 ou a ‘cota cero’ para o primeiro ano de actividade como autónomo
 

30/10/2023 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Dozón, Agolada e Rodeiro clausuran o obradoiro de emprego da Xunta con alumnos xa empregados

Estes cursos contan cun investimento de máis de medio millón de euros e combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas

30/10/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento galego no exterior para atender vacantes non cubertas en Galicia

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou o Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF) onde lembrou que a iniciativa xa conta con medio millar de ofertas de emprego

28/10/2023 | 15:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo avoga por unhas relacións laborais sólidas e estables para avanzar e acadar unha igualdade real entre mulleres e homes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o XXIII Congreso da Asociación Nacional de Laboralistas (Asnala) no que defendeu un mercado de traballo en igualdade, sen etiquetas

28/10/2023 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con Acougo por preto de 112.000 € para impulsar a conciliación e a corresponsabilidade no seo das familias acolledoras

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou esta mañá na Cidade da Cultura nunha xornada de sensibilización organizada pola Asociación galega de familias de acollida no marco deste convenio
 

27/10/2023 | 15:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor ante empresarios de Ourense as posibilidades que ofrece o programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as súas vacantes laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe nun foro sobre este programa da Estratexia Galicia Retorna organizado pola Confederación Empresarial de Ourense e pola Fundación Nortempo