Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.281 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

15/11/2023 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta clausura o programa integrado de emprego de Asime tras acadar un 70% de inserción laboral

Ana Ortiz participou este mércores no acto celebrado na Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia

15/11/2023 | 11:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o programa piloto desenvolvido con EAPN Galicia que permitiu mellorar a empregabilidade de 600 persoas en exclusión social

O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron nun simposio no que EAPN Galicia fixo balance da iniciativa e aplaudiu o case 40 % de inserción laboral acadada

14/11/2023 | 17:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de 10 centros escolares galegos no marco do concurso convocado polo día contra a violencia de xénero

En concreto, resultaron galardoados centros da Coruña, Padrón, Pontevedra, Salceda de Caselas, Nigrán, Chapela, Lugo, Cospeito, Navia de Suarna e Alfoz

14/11/2023 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor informa que a Xunta impulsa, con máis de 2M€, 28 cursos de accións formativas para desempregados e un obradoiro para 440 persoas de Carballo

A Xunta de Galicia destinará nos orzamentos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024 á área de Formación para o Emprego e Orientación máis de 232 mi-llóns de euros, dos que máis de 117 millóns destinaranse ao novo Plan galego de forma-ción para o emprego, un 12,9% máis que en 2023

14/11/2023 | 13:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Promoción do Emprego destinará en 2024 máis de 33M€ a impulsar o traballo de persoas con discapacidade

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, aplaudiu os resultados do programa financiado pola Xunta para formar 262 persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento a través de Fademga Plena Inclusión

14/11/2023 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo exporá en Bruxelas os novos retos de emprego da Xunta e as ferramentas para impulsar o emprendemento e fixar poboación no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, desprázase mañá ata a capital da Unión Europea, onde manterá ao longo de dous días diversas reunións e un encontro co comisario de Emprego, Nicolas Schmit

13/11/2023 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo presenta a estratexia de impulso ao emprego autónomo coa que estimulará a competitividade e a calidade dos seus proxectos empresariais

A Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027 contará cun orzamento de 360 millóns de euros ata 2027, o dobre da súa predecesora

13/11/2023 | 15:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Preto de 100 profesionais dos centros de información á muller de Galicia participan na formación en atención a persoas LGTBI

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe na primeira das sesións presenciais desta iniciativa que se celebrou na EGAP, en Santiago de Compostela