Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.280 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

22/11/2023 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 1.300 desempregados están a formarse en empresas a través de unidades formativas financiadas pola Xunta con compromiso de contratación

O Diario Oficial de Galicia publicita a resolución da convocatoria anual á que a Administración autonómica destina case 2,5 millóns de euros

21/11/2023 | 20:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o apoio e impulso da Xunta ao emprego inclusivo ao que se destinarán 33,4 M€ en 2024

Salienta o compromiso da Xunta e de entidades como Cegasal para inserir no eido laboral as persoas con discapacidade

21/11/2023 | 16:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a nova Lei de Igualdade para acadar unha equidade real e loitar contra a discriminación en todas as esferas da vida

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, compareceu no Parlamento galego na mesma mañá en que foi aprobada a nova Lei de igualdade e a catro días do 25-N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

20/11/2023 | 16:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará en 2024 a presenza de mulleres en sectores fortemente masculinizados con incentivos que superarán os 2 millóns de euros

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, clausurou a xornada ‘Impacto da Igualdade’ organizada pola Cámara de Comercio da Coruña

20/11/2023 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta distingue á enxeñeira industrial Concepción Paz Penín co premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

A Unidade Muller e Ciencia da Xunta decidiu outorgar o galardón deste ano a esta ferrolá, catedrática e doutora da Universidade de Vigo e desde 2020 directora do Centro de Tecnoloxía, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo (Cintexc)

20/11/2023 | 15:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz defende a formación nas idades máis temperás para loitar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou este luns as instalacións de Mulleres en Igualdade con motivo dos actos do vindeiro 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

20/11/2023 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia con preto de 654.000 € cinco programas integrados de emprego nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria da anualidade 2023-2024 que conta cun orzamento de 10,2 M€ para toda Galicia e que permitirá poñer en marcha 49 PIE

20/11/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén resalta as axudas da Xunta para a creación e consolidación do emprego feminino na provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense beneficiáronse un total de 47 establecementos, que supuxo unha achega total de 608.000 € e a consolidación de 96 empregos

20/11/2023 | 13:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinará máis de 33 M€ en 2024 a impulsar o emprego das persoas con discapacidade

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no acto de presentación do novo ‘Hub Diversidade Dixital Galicia’ promovido por Cogami, a Fundación Integralia, DKV e o Cluster TIC Galicia