Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

03/07/2024 | 15:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal

03/07/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado

O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico 

03/07/2024 | 14:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potenciará as oficinas de emprego e os orientadores para seguir avanzando na dinamización dun mercado laboral que amosa datos históricos

O titular de Emprego salientou que Galicia, coa menor cifra de desempregados desde que hai rexistros, lidera a nivel autonómico a caída do desemprego e ademais presenta a mellor cifra de afiliacións nun mes de xuño dos últimos 19 anos

03/07/2024 | 13:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
03/07/2024 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración
02/07/2024 | 17:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta por abordar cuestións como o absentismo laboral ou a escaseza de man de obra no marco do diálogo social

O titular de Emprego fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada para enfrontar desafíos estructurais e que demandan actuacións coordinadas para seguir favorecendo a competitividade das empresas galegas e o emprego de calidade

02/07/2024 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
02/07/2024 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Preto de medio centenar de rapaces participan en Valdoviño nas actividades lúdicas do programa da Xunta ‘Veráns Lecer Consumo’

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, visitou esta mañá aos participantes nunha das actividades que se levaron a cabo no local da AVV de Pantín coa fin de concienciar aos máis pequenos sobre o consumo responsable