Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

18/01/2024 | 13:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta a través do Polo de Coristanco por impulsar as iniciativas de emprendemento no eido da construción sustentable

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Laxe no evento ‘As oportunidades da construción sostible’, no que colabora o Clúster galego de solucións ambientais e economía circular (Viratec)

18/01/2024 | 12:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica a convocatoria que eleva ata os 7,13 M€ o orzamento para a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro

Prevese que estas axudas que saen hoxe no Diario Oficial de Galicia -que se poden solicitar desde mañá ata o próximo 19 de febreiro- beneficien preto de 135 municipios e entidades para a contratación ou o mantemento de arredor de 260 técnicos

18/01/2024 | 10:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica a convocatoria de 950.000 € para que as Anpas poñan en marcha programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación

Estas axudas da Xunta de Galicia dirixidas tanto ás asociacións de nais e pais como ás federacións e confederacións deste tipo de asociacións poderán solicitarse desde mañá ata o próximo 19 de febreiro, coa previsión de achegarse ás 200 beneficiarias

18/01/2024 | 09:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia publica as bases das axudas para que os concellos galegos contraten vítimas da violencia de xénero con 2,5 M€ orzamentados en 2024

O Goberno autonómico financia as retribucións salariais brutas totais das mulleres durante un máximo de doce meses

17/01/2024 | 19:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a contribución á igualdade da piragüista Teresa Portela como exemplo da Galicia xusta e diversa pola que traballa a Xunta

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na entrega do VIII premio Executivas de Galicia á palista

17/01/2024 | 15:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo sinala o coñecemento, a diversidade de talentos e o potencial emprendedor de Galicia como claves para dar resposta aos retos do mercado laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun foro cos socios do Círculo de Empresarios de Galicia

17/01/2024 | 14:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta o proxecto colaborativo de emprendemento Cociña de ancares terras de burón

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, loaron o proxecto impulsado polo Polo de emprendemento da Fonsagrada e o GDR Montes e Vales Orientais
 

16/01/2024 | 13:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conciencia sobre os danos que pode causar a manipulación inadecuada dos produtos químicos empregados polos profesionais dos salóns de beleza

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, está a visitar varios negocios e un centro de formación en Ourense para dar a coñecer ao persoal e alumnado medidas de prevención para os tratamentos de cabelo, unllas e pestanas
 

16/01/2024 | 10:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG convoca axudas para que entidades sen ánimo de lucro desenvolvan proxectos de atención social integral para vítimas de trata e explotación sexual

A Xunta mobilizará 450.000 euros para garantir a atención administrativa e psicolóxica a estas persoas, así como o acompañamento inicial nos chamamentos xudiciais e policiais e accións de rúa para localizar ás vítimas e ofrecerlles os recursos dispoñibles

16/01/2024 | 10:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos