Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa aos concellos da provincia da Coruña da convocatoria de case 11 M€ para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM
A secretaria xeral da igualdade, Sandra Vázquez, mantivo hoxe senllos encontros con representantes dos municipios nas delegacións territoriais da Xunta en Ferrol e na Coruña para lembrarlles que o prazo de solicitude está aberto deica o 8 de febreiro
Rivo informa das axudas aos autónomos para apoiar con 9,5m€ a consolidación dos negocios e dar novas oportunidades aos que cesaron a súa actividade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou as bases das convocatorias destes dous programas de apoio que se publican hoxe no DOG na apertura da VI ‘Semana do Emprendemento’ da Escola Profesional Santo Cristo
A Xunta colabora coa Fundación Santa María La Real na formación en habilidades dixitais de mulleres en desemprego para reactivar a súa busca de traballo
Galicia é unha das comunidades elixidas para celebrar este programa, que tamén se abre este ano a traballadoras en activo con contratos inferiores á media xornada
A Xunta suma en cinco días máis de 1.700 solicitudes para optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, que inclúen cota cero para as novas altas
A Administración autonómica mobiliza case 29M€ para financiar as axudas para os profesionais que inician a súa actividade por conta propia
A Xunta presenta en Lugo o programa Lideramos co que está a cualificar 150 mulleres directivas en Galicia
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, tomou parte na xornada ‘Ferramentas prácticas para o liderado feminino’
A Xunta conclúe en colaboración con Cáritas as primeiras formacións no marco do proxecto pioneiro de arraigamento dirixido a persoas migrantes en situación irregular
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou na Coruña o acto de entrega dos diplomas acreditativos para que estas persoas poidan obter autorización de residencia e de traballo e regularizar a súa situación
Rivo avoga por unhas relacións laborais xustas e polo uso da Intelixencia Artificial con perspectiva de xénero no marco do Campus formativo da Xunta para a igualdade laboral
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade clausurou unha xornada deste Campus que ofrece a empresas, formadores e usuarios -de xeito gratuíto- información, formación e sensibilización para pasar da igualdade legal á real
Rivo clausura os ‘Cafés con aroma a economía social’ organizados por Foroesgal co gallo de tecer redes e de xerar sinerxías entre os integrantes deste modelo empresarial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo en valor a iniciativa do Foro pola Economía Social Galega, con quen amosou a vontade de seguir colaborando a prol do crecemento deste modelo económico e do emprego inclusivo
As axudas da Xunta desde 6000€ para apoiar a contratación de persoas desempregadas na empresa poden solicitarse a partir do 26 de xaneiro
O programa Galicia Emprega, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), vai dirixido á contratación indefinida da mocidade, persoas paradas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, estranxeiros, mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e maiores de 52 anos