Actualidade
Buscador de novas
O DOG publica hoxe unha nova convocatoria das axudas a autónomos con 1,3 M€ para a contratación de persoas traballadoras indefinidas
Os apoios poden solicitarse desde o día 5 de febreiro e ata o vindeiro 30 de setembro
Rivo reafirma en Ourense o compromiso da Xunta co emprego autónomo e pon en valor a calidade do produto local
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, desenvolveu hoxe un percorrido polos postos da Praza de Abastos
Rivo anima a discotecas e pubs a adherirse ao Protocolo contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas para acadar un ocio nocturno máis inclusivo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade visitou o Café Latino, o primeiro establecemento do lecer nocturno adherido ao documento que brinda pautas de actuación, formación e información para detectar situacións de risco
A Xunta pon en valor a Escola Galega de Prevención para inculcar actitudes e hábitos seguros e saudables desde idades temperás
O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Alberto Fuentes, visitou hoxe esta iniciativa que se empraza na actualidade no centro de Pontevedra do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), en Redondela
A Xunta informa aos concellos da provincia de Pontevedra da convocatoria de case 11 M€ para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, mantivo hoxe senllos encontros con representantes municipais nas delegacións territoriais da Xunta en Vigo e Pontevedra para lembrarlles que o prazo de solicitude está aberto deica o 8 de febreiro
Rivo pon en valor no Carballiño as axudas da Xunta ás persoas autónomas para que sigan consolidando riqueza e emprego no territorio
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou negocios nesta localidade e sinalou que xa se recibiron máis de 2.100 solicitudes para optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, que inclúen cota cero para as novas altas
A Xunta pon de relevo a nova Lei de Igualdade para incrementar a presenza da muller en todos os ámbitos e erradicar calquera tipo de discriminación ou violencia
O secretario xeral técnico da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social participaron na ‘Xornada sobre a igualdade nas empresas’ organizada por AJE Galicia
Aberto o prazo para recibir candidaturas ás medallas Emilia Pardo Bazán coas que a Xunta recoñece o traballo de persoas e entidades a prol da igualdade
A Xunta de Galicia recibirá ata o 13 de maio as propostas para estes galardóns, que se outorgan desde o ano 2019