Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o distintivo de empregabilidade concedido pola Universidade de Vigo á Facultade de Dereito do Campus de Ourense
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de entrega do recoñecemento, lembrando a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento ou da igualdade
O DOG publica a convocatoria de axudas do programa Investigo que destina 5M€ á contratación de mozos desempregados en actividades de I+D+i
As axudas, que se poden solicitar desde mañá e ata o 6 de marzo, diríxense a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e/ou que traballen en investigación e innovación
Rivo informa en Ourense das axudas ao emprendemento que se publican hoxe no DOG con contías que oscilan entre os 3.000 e 30.900 euros
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo hoxe unha xuntanza informativa cos comerciantes do Centro Comercial Ponte Vella
A Xunta incide na importancia da formación ao longo de toda a traxectoria profesional para afrontar os novos retos laborais da dixitalización e a IA
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na apertura oficial da Semana da Orientación Profesional do Colexio Pablo VI da Rúa, en Ourense
A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para optar ás axudas que con 1,3 M€ están dirixidas a autónomos para a contratación de persoas traballadoras indefinidas
Os apoios van destinados á contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador e, como novidade este ano, as persoas autónomas recibirán unha maior contía se contratan a mulleres
Rivo pon en valor ante o empresariado de Valga o papel do tecido produtivo na creación de máis e mellor emprego e na mellora da vida das familias
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na tradicional xuntanza cos empresarios de Valga que se celebra cada ano por San Blas
Galicia inicia 2024 coa cifra de paro máis baixa nun xaneiro desde hai 28 anos e é a segunda comunidade na que máis descende na evolución anual
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, fixo hoxe na cidade de Ourense unha valoración do paro rexistrado e dos datos de afiliacións á Seguridade Social
A Xunta presenta a 2ª fase do programa ‘ti elixes’ para concienciar sobre a importancia de rexeitar os prexuízos e os estereotipos de xénero á hora de escoller unha profesión
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto no IES O Couto de Ourense, onde sinalou que o prazo de adhesión está aberto aos centros para impulsar a presenza feminina en sectores como o forestal ou o da construción
O DOG publica as axudas ao emprego para beneficiar unhas 175 cooperativas ou sociedades laborais cun orzamento de 5 M€
Con esta medida, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade busca dinamizar o emprego na economía social, con achegas básicas para a contratación de persoas en desemprego ou para quen emprenda no sector que parten dos 6.000 euros