Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

16/02/2024 | 12:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o márketing dixital para o crecemento e a consolidación de proxectos de emprendemento da man do polo de Melide

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘Márketing dixital: claves para vender de forma irresistible’
 

16/02/2024 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo entrega ao colexio Rodríguez Barroso o punto laranxa contra o acoso escolar que reforza a aposta deste centro pola convivencia e o respecto

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, outorgou unha das máis de 1.200 caixas de correo que se están a distribuír para que o alumnado comunique posibles situacións de acoso ou ciberacoso de xeito anónimo

16/02/2024 | 10:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima ás mulleres a emprender nos campos da ciencia e da tecnoloxía para acabar coas fendas de xénero e cos estereotipos

A secretaria xeral da igualdade, Sandra Vázquez, participou no acto da Universidade de Santiago de Compostela co gallo do Día internacional das mulleres e nenas na ciencia, que acolleu dúas mesas redondas sobre ciencia e emprendemento

15/02/2024 | 10:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica as axudas de 1,5 M€ dirixidas ás empresas galegas de inserción para dar emprego a unhas 170 persoas en risco ou en situación de exclusión social

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e igualdade coas que se prevé tamén apoios ao traballo para 14 persoas de nivel técnico ou de dirección das empresas de inserción

14/02/2024 | 11:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica as axudas de case 26 M€ destinadas aos centros especiais de emprego para apoiar a inserción laboral de case 4.000 persoas con discapacidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria que busca promover a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos centros especiais de emprego (CEE) de Galicia

13/02/2024 | 11:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta bota man da realidade virtual para impulsar o traballo en equipo no marco do Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Porriño

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no evento ‘NeoSkills: realidade virtual para o desenvolvemento das competencias’ organizado desde o Polo porriñés

13/02/2024 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 1,4 M€ a promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego

Poden solicitarse axudas de ata 9.000 euros para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 euros para financiar o investimento necesario para garantir o traballo en remoto

12/02/2024 | 14:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o labor de Aceesca a prol da integración laboral das persoas con discapacidade intelectual

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, estivo hoxe no Porriño na presentación do proxecto de formación dual da Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual centrado na hostalaría

11/02/2024 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Mañá abre o prazo de solicitude para optar ás axudas de entre 3.000 e 31.000 euros para apoiar o emprendemento en Galicia

Poden optar a estes apoios pemes, autónomos, mutualistas e entidades da economía social que inicien a súa actividade ou o teñan feito a partires do 1 de xaneiro de 2022

09/02/2024 | 14:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reedita en 2024 os programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor para impulsar a consolidación de empresas e negocios

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións destas iniciativas autonómicas