Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon de relevo as medidas formativas e de responsabilidade social empresarial da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta tarde en Lugo na xornada ‘Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: emprego en igualdade’ organizada no marco do campus formativo da Xunta de igualdade laboral
Rivo compromete traballo inxente contra a violencia de xénero na entrega dos IV Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, tivo unha lembranza na súa intervención para Andrea, última vítima da violencia machista, sinalando que o Goberno galego non cesará no seu empeño ata erradicar esta lacra
A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘Como ter un Google Business Profile excelente’ organizado desde o Polo mindoniense
A Xunta pon en valor a súa aposta polo emprendemento e pola economía social para a xeración de riqueza e emprego pegados ao territorio
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Cambados na xornada ‘Descubrindo o emprendemento en economía social’ organizada no marco da Rede Eusumo
A secretaria xeral da Igualdade participa no curso ‘Muller e saúde’ programado polo CIM de Ortigueira
Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller
A Xunta lembra que este venres 22 de marzo finaliza o prazo para solicitar a realización de obradoiros duais de emprego entre 2023 e 2024 cun orzamento de 39,1m€
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de Inauguración da primeira fase da reforma da praza de abastos do Porriño
A Xunta e a Asociación de Talleres de Reparación de vehículos de Ourense deseñarán unha campaña de asesoramento sobre seguridade e saúde no traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) porá en marcha xunto con Atave a iniciativa que busca sensilizar e asesorar a empresas e traballadores desta actividade sobre as principais medidas de seguridade, de hixiene industrial e de prevención de riscos ergonómicos e psicosociais
A Xunta promove o emprendemento feminino con recursos e axudas á conciliación e a iniciativas empresariais do rural
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cambados no II ‘Foro O Salnés Emprende con M’, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca do Salnés