Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

10/05/2024 | 18:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta referenda o seu compromiso coa dinamización do comercio local coa súa participación na décima edición da Noite Branca en Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén,  participou hoxe na inauguración da iniciativa promovida pola Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín  

10/05/2024 | 16:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny

O artesán obtivo o galardón a Joven Promesa na terceira edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny

10/05/2024 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta estrea en Hijos de Rivera un ciclo de xornadas sobre as boas prácticas en responsabilidade social para atraer talento e xerar oportunidades laborais

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na primeira das catro xornadas programadas este mes para estudantes universitarios, na que puxo en valor o compromiso das firmas galegas coa sustentabilidade

10/05/2024 | 13:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González pon en valor os recursos galegos ao emprendemento e salienta que a cifra de menores de 30 anos sen emprego acadou un mínimo histórico en abril

Explicou que o Goberno galego traballa para dar ás persoas emprendedoras todas as facilidades, unificando e coordinando todas as iniciativas, recursos e instrumentos, un eido ao que a Xunta destina este ano 31 millóns de euros, un 51,6 % máis que en 2023

09/05/2024 | 16:39 | C. do Medio Rural; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor no Encontro Económico de Sober o pulo do rural galego como eido clave na creación de riqueza e emprego dentro da nosa comunidade

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou a remuda xeracional, o apoio á industria agroalimentaria e a mobilización de terras como retos de futuro para o agro en xeral e para o sector leiteiro en particular

09/05/2024 | 10:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a conservación e a remuda da olería tradicional de Buño

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a Casa do Oleiro para coñecer os resultados do curso de formación ‘Formas tradicionais da olería de Buño’ impartido dende finais de ano por Antonio Pereira ‘O Rulo’

08/05/2024 | 19:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu campus formativo a prol da igualdade laboral que rolda xa as 6.000 persoas usuarias

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde en Ourense a xornada ‘A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade’

07/05/2024 | 13:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o seu compromiso co comercio de Vigo, cidade que mobilizou máis capital durante a 5ª campaña Bono Activa Comercio con case 1,2 M€

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, reuniuse coas asociacións de comerciantes da cidade, onde destacou que o conxunto da provincia de Pontevedra mobilizou máis de 4,5 millóns en vendas

07/05/2024 | 12:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas en Galicia e no que participaron case 250 establecementos de Bergantiños-Costa da Morte

Destacou esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dotada con 2,5 millóns de euros, que mobilizou  12 millóns en vendas