Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.277 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

18/07/2024 | 16:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima ás entidades e centros de formación da Coruña a solicitar as axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas

Este  programa, que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado, vén de reforzarse cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros 

18/07/2024 | 16:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros

18/07/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na erradicación de calquera tipo de discriminación no eido laboral por razóns de sexo, xénero, identidade ou orientación sexual

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuníronse hoxe coas persoas representantes do grupo de traballo LGBTI

18/07/2024 | 10:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concederá axudas de ata 26.250 euros por cada muller contratada con carácter indefinido en sectores masculinizados

O DOG publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración incluída nos compromisos para os primeiros 100 días de lexislatura do presidente Rueda que contribuirá á suba da taxa de ocupación feminina en áreas onde predominan os homes

17/07/2024 | 18:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a excelente execución dos fondos de formación para o emprego desenvolvida en Galicia e que permitirá recibir 7 millóns de euros adicionais

O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Formación Profesional para persoas traballadoras

17/07/2024 | 16:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Miranda destaca o compromiso da Xunta por preservar e difundir a rica historia da emigración galega na presentación dos novos "Clásicos da emigración" no Consello da Cultura Galega

Rodríguez Miranda enfatizou a importancia de conservar e estudar a memoria histórica da emigración para comprender o seu impacto na identidade e a cultura galega contemporánea.

17/07/2024 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González destaca o papel da Fundación Laboral da Construción na formación e impulso á cobertura de vacantes no tecido económico galego

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade

16/07/2024 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior

Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces