Actualidade
Buscador de novas
As axudas da Xunta para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais poden solicitarse desde mañá ata o 16 setembro
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria deste programa no que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste 2,3 millóns de euros
José González analiza as necesidades da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia e destaca o labor da Xunta a prol da remuda nos negocios
Nesta xuntanza abordaron o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios e que se complementa co Bono remuda, unha orde de axudas novidosa á que a Xunta destina 1,5 millóns de euros
A Xunta impulsa en Sarreaus os oficios vinculados á produción artesanal da la
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na inauguración da 3ª edición do Paseo da La
A Xunta pon en valor as cooperativas escolares impulsadas na comarca de Ordes apostando pola sustentabilidade e pola xeración de emprego
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no acto de presentación destes proxectos nos que están implicadas medio cento de persoas entre alumnado e profesorado de catro centros educativos da bisbarra
Martina Aneiros reafirma o compromiso do Goberno galego co emprendemento e a xeración de emprego en Ferrolterra
Interesouse polos proxectos e iniciativas promovidas por esta entidade de recente constitución e expuxo as ferramentas autonómicas de apoio ao sector, entre elas a novidosa convocatoria do Bono Remuda para impulsar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no tecido produtivo
A Xunta destaca a vocación integral e transversal da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo
A xerente do Issga interveu hoxe na I Xornada de seguridade e saúde no traballo organizada polo servizo de prevención Más prevención
A Xunta pon en valor a formación que ofrece o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia para captar e reter talento no sector TIC da comunidade
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o CNTG, onde departiu con profesorado e alumnado e asistiu a un relatorio a cargo do experto en innovación Alfons Cornellá
A Xunta avoga pola colaboración constante coa CEG para consolidar en Galicia os datos de crecemento económico, emprego e produción industrial
Destaca os datos coñecidos hoxe do Índice de Produción Industrial (IPI) rexistrado en abril, que creceu en Galicia un 17%, catro puntos máis que a media nacional
A Xunta loa o labor do CEIP Plurilingüe de Domaio no fomento da economía social ao recibir catro primeiros premios do certame ‘Cooperativismo no ensino’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe o centro